
LOIS PEREIRO (Monforte, 1958 – A Coruña, 1996)
“…A loita continúa e somos moitos menos e distintos
e o inferno “son les autres”
tamén nós
tantas derrotas nos libros na alma e nas casoupas
feitas de fatalismo e humildade moral
co mofo dos vencidos
E vestixios visuais dunha procesión xorda de
evidencias marxinais e feridos van comigo sen
esquecer que a vida
esvara a contraodio polo gume da morte o seu coitelo
do que día tras día todos nos esforzamos por salvar”.
(Fragmento do poema “Alerta e vixiante”, de “Poesía última de amor e enfermidade”).



Lois Pereiro é o mais contemporáneo de todos os agasallados con recoñecemento no día das Letras Galegas.
Señal de boa saúde para a Academia da Língua.
Unha boa oportunidade para achegarnos á obra deste “punk calado, irónico e amable” do que tod@s temos moito que aprender.
By: breaseixo on 18/05/2011
at 16:42
Efectivamente, con Ferrín á fronte da Real Academia Galega, parecen soprar ventos cheos de enerxía para a lingua e cultura galega. Merecida homenaxe a Lois Pereiro neste Día (e por extensión, mes de maio e ano 2011) das Letras Galegas. Feliz descubrimento da figura deste poeta que, non por máis próximo no tempo, era máis coñecido. Abundan na rede os traballos arredor da súa figura e as publicacións que saíron do prelo nestas datas. Velaquí unha mostra, con testemuños de Xosé Manuel Pereiro, Rivas, Patiño…
By: MontePituco on 18/05/2011
at 23:50