Publicado por: MontePituco | 18/04/2011

PASOS vs. RODAS

Entre esta imaxe…

E estoutra…

…Hai dous meses de diferenza. Nunha, as rodas dunha moto. Noutra, os pasos do grupo de sendeiristas que participaron este fin de semana pasado na andaina organizada polo Clube Ciclista de Marín ata o Alto do Pornedo e na que o arqueólogo Lukas Santiago comentou os gravados rupestres que se atopan nesta zona pertencente ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Un Espazo Natural e Arqueolóxico ao que o Goberno local de Marín, formado polo PSOE e mais polo BNG, se NEGA a darlle apoio, co suposto argumento -posto que o alcalde nunca se dignou nin se dignará no curto espazo de tempo que lle queda a esta pésima lexislatura municipal- de que o Monte Pituco é a zona na que está proxectada a instalación dun polígono industrial.

Un polígono industrial incompatible coa creación do Espazo Sete Camiños, que conta co apoio dunha vintena de colectivos de Marín, Pontevedra e da contorna. Un polígono industrial que non vai respectar a riqueza natural da zona, que vai provocar un impacto paisaxístico brutal e visible en todo o litoral da ría, que vai perxudicar -se non arruinar, directamente- os recursos arqueolóxicos catalogados e declarados Bens de Interese Cultural.

Por tanto, resulta ben paradóxica e incomprensible a presenza, en primeira fila, da concelleira de Cultura de Marín, Esther Crespo, veciña da parroquia de San Xulián, para máis inri, nesta concurrida visita ao Alto do Pornedo. Acudiría tal vez pensando en irse despedindo deste monte no seu estado orixinal antes de que as excavadoras o convirtan nunha desfeita de taludes desproporcionados. Ou tal vez para copiar o proxecto do Espazo Sete Camiños coa posible pretensión de incluilo no programa electoral do BNG aplicando a fórmula noutra parte de Marín.

…Tanto ten a súa incongruente e hipócrita actitude, e a súa torpe intención; é libre de subir ao monte cando queira porque o monte é xeneroso e regalaralle o aire puro que ela quere contribuir a contaminar coa instalación de naves e fábricas. Regalaralle as vistas privilexiadas do centro da vila que ela quere contribuir a sacrificar facendo do Alto do Pornedo un lugar desagradable e asulagado polo formigón. Regalaralle o canto dos paxaros que emigrarán a outro lugar máis acolledor cando o Monte Pituco, se dela depende, sexa un barullo de tráfico rodado, no hipotético caso de que ese suposto polígono non se acabe convertendo nun macrosolar pantasma pola ausencia de empresas que, ante a crise, non poidan optar a unha parcela en solo economicamente inviable.

Consideracións políticas -libres e lexítimas- á parte, vaia por diante o agradecemento aos promotores deste roteiro por achegarse ata o Alto do Pornedo. Por agasallar a terra coas súas pegadas, que foron o único sinal do seu paso polo monte. Nin un papel de máis, nin un plástico, nin unha cabicha. Ogallá todas as visitas sexan tan amables, exemplares, cívicas e interesadas pola cultura e pola historia deste espazo ameazado. Benvidos e benvidas, pequenos e grandes, sempre que sexa coa sensibilidade e cos sentidos abertos a experimentar as sorpresas e os agasallos que nos brinda a natureza. 

 


Responses

  1. Quero comentar a fotografía na que aparece a concelleira de Cultura.

    Sería unha boa noticia para o Monte Pituco que en vez de Esther Crespo fora Pilar Blanco a sendeirista, xa que a de Medioambiente ten unha chea de diplomas ecolóxicos que nos salen carísimos a tod@s. Suponse que algo enterá de montes e de paisaxes, digo eu, e tal vez serviría de algo ese momento romántico de conexión coa natureza para facela cambiar de opinión con respecto ó “políjono”.

    O caso é que a que aparece na foto é a de Cultura.
    Que fai ahí esta muller?
    Non podemos descartar que fora un despiste. Tod@s coñecemos a traxectoria desta concelleira, que a maior parte das veces non se entera do sitio onde está ou tería que estar.
    Penso que poida ser que dona Esther pensara que estaba no Sobareiro, ou na Cordilleira Carpetovetonica.
    Imaxinade a sorpresa cando lle digan que quedou inmortalizada nada mais e nada menos que no blog de Monte Pituco?
    Xusto ó ladiño da casa.
    Vivir para ver!

  2. […] Quen lle negou o apoio institucional ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e, sen embargo, logo tiña a desfachatez de participar nas andainas reivindicativas que se organizaban para dar a coñecer esta contorna? ARTIGO TITULADO “PASOS VS. RODAS“ […]

  3. […] apuntarse á andaina que se organizou polo Pornedo e por outros puntos do Espazo con motivo dunha actividade do Clube Ciclista de Marín, en abril de […]

  4. […] o seu programa de actividades de lecer. Que teñamos constancia, era a segunda visita dende que en abril de 2011 este colectivo tamén lle dedicou un dos ‘días azuis’ ao Espazo Natural e […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: