Publicado por: MontePituco | 22/04/2019

DÍA DA TERRA

Non precisamos un Día da Terra cada 22 de abril. Nin tampouco un #FridayForClimate cada venres. Cómpre Día da Terra, Día do Medio Ambiente, Día das Árbores, Día dos Océanos e #FridayForClimate todos os días do ano.

Mudamos o miradoiro do Pornedo pola perspectiva que nos ofrece un barquiño ao carón do porto de Marín. E son varias as leccións que levamos desta experiencia: a primeira e máis importante, que grazas ao esforzo de tantos anos recabando información sobre o Monte Pornedo, dando a coñecer o patrimonio natural e cultural desta contorna, rebatindo con datos obxectivos as mentiras de partidos políticos e colectivos afíns aos promotores do polígono industrial que ameazaba o ‘balcón da ría’ e finalmente litigando contra as Administracións local e autonómica e vencéndoas rotundamente, o Pornedo non se sumará á longa lista de agresións ambientais que acumula o fondo da ría.

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

Os mamotretos recubertos de chapa que, en conxunto, impoñen unha barreira física insalvable entre o pobo de Marín e o seu mar; as irisacións da auga aceitosa; o baleiro naval impropio dun porto pesqueiro que perdeu a súa identidade tradicional para renderse a outro modelo de xestión comercial e depredador da fachada marítima… O resultado é a suma de sucesivos recheos -ata 300.000 metros cadrados- declarados ilegais polo Tribunal Supremo.

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

A fábrica de Ence é o claro exemplo de como o poder económico e o poder político van da man, cunha ex-ministra de Medio Ambiente e un ex-conselleiro de Medio Ambiente, Isabel Tocino e Carlos del Álamo, ambos do PP, que pasaron dos seus despachos a sentar no consello de administración da empresa. Actualmente, a dirección da factoría ve perigar a prórroga que lle concedeu o goberno en funcións presidido por Mariano Rajoy -dende entón, declarado ‘persoa non grata’ polo Concello de Pontevedra- porque o Executivo encabezado por Pedro Sánchez decidiu desistir dos recursos xudiciais presentados pola Administración local, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontedra e Greenpeace. Dende entón, a empresa -que leva anos rexeitando o traslado fóra da ría a outro emprazamento na comarca ou na provincia- ameaza con deslocalizarse en Portugal ou Sudamérica.

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

…O que queda da praia dos Praceres, que pasou de ser o verxel da elite social a converterse no ‘patio de atrás’ do concello pontevedrés: xunto coa presenza de Ence, a parroquia tamén sofre a presenza da Estación Depuradora de Augas Residuais que a Xunta estuda ampliar aínda máis, a construcción do ramal ferroviario ao porto -declarado tamén ilegal polo Tribunal Supremo- que atravesou a praza veciñal, a remodelación da autovía coa instalación dun escalextric…

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

A Escola Naval Militar…

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría

… e a illa de Tambo.

Ruta marítima de En Marea polo fondo da ría


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: