Publicado por: MontePituco | 23/04/2019

DÍA DO LIBRO, SEMPRE

Neste monte hai LECTURA…

Neste monte hai CULTURA!

"Biodiversidade: cara a unha sexta extinción masiva"

“Transformada en alto grao e fragmentada en pequenos anacos, a natureza galega ten pouco ou nada de salvaxe. E o que aínda posúe de valioso está hoxe ameazado por ese cóctel explosivo para a biodiversidade local do que se fala neste esclarecedor libro, un cóctel formado pola degradación dos hábitats naturais, a circulación mundial de especies susceptibles de xerar novas invasións biolóxicas e o cambio climático global…”

BIODIVERSIDADE: CARA A UNHA SEXTA EXTINCIÓN MASIVA, de Raphaël Billé, Philippe Cury, Michel Loreau, Virginie Maris e Sylvestre Huet (coord.). Limiar de Xosé Veiras. Tradución de Miguel Braña Montaña. Catroventos Editora, 2017.

"Galaicos"

“…Xa non conflúen dous mundos aquí, o mundo enteiro faino. Materiais procedentes de calquera das rexións integradas no Imperio chegan ao noroeste e as Rías Baixas non son alleas. Esta rexión arredada, Fisterra, irá evolucionando, desde aqueles galaicos vestidos de negro con cabelos longos, comedores de landras e bebedores de cervexa -como os describe Estrabón- ata convertese nun grande espazo dinámico de onde sairán un bo número de personaxes de importancia política (a familia de Teodosio vencéllase coa Gallaecia), cultural (Hidacio, Paulo Orosio) ou relixiosa (Prisciliano)…”

GALAICOS, UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS. Introdución de Xurxo Ayán, Antoni Nicolau e Rafael Rodríguez. Deputación de Pontevedra e Alvarellos Editora, 2018.

"La montaña viva"

“…Una nunca llega a conocer del todo la montaña, ni a sí misma en relación a ella. Por muy a menudo que pasee por ellos, estos montes siempre reservan algo con lo que sorprenderme. Es imposible acostumbrarme a ellos. Los Cairngorms son una masa de granito empujada hacia arriba a través del esquisto y gneis que forman los montes circundantes más bajos, allanada por la capa de hielo fracturada , desmenuzada y vaciada por heladas, glaciares y la fuerza del agua al correr…”

LA MONTAÑA VIVA, de Nan Shepherd. Con ensaio introdutorio de Robert Macfarlane. Errata Naturae, 2019.

"Los Alpes en invierno. Ensayos sobre el arte de caminar"

“…Para mí, los paseos alpinos constituyen auténticos poemas en movimiento. Y voy a intentar fundamentar esta opinión dando una lista de las emociones que producen los grandes escenarios naturales: ver el amanecer en los campos nevados; ver cómo se van arremolinando las nubes de la tormenta debajo de los grandes picos; caminar por un prado lleno de flores que te llegan hasta la rodilla; contemplar cuando se precipitan por las «hendidas quebradas»…”

LOS ALPES EN INVIERNO: ENSAYOS SOBRE EL ARTE DE CAMINAR, de Leslie Stephen. Prólogo de Virginia Woolf. Siruela, 2018.

"El entorno jurídico de las Comunidades de Montes"

“…Cuando empecé a trabajar como abogada, allá por marzo de 1997, hablar de montes vecinales era como hablar de extraterrestres. La mayoría de los jueces que llegaban como titulares a juzgados de O Porriño o Ponteareas (donde se centraron inicialmente mis primeros pleitos de montes) no habían oído hablar de los montes vecinales. Algunos ni siquiera eran gallegos, por lo que resultaba muy difícil que entendieran que el monte era imprescriptible y que no podía adquirirse su dominio…”

EL ENTORNO JURÍDICO DE LAS COMUNIDADES DE MONTES VECINALES EN MANO COMÚN, de Cristina Bugarín. Edición conmemorativa 5º aniversario do blog homónimo. Bugarín&Gago Abogados, 2018.

"Manual do bo paseante"

“Punto un: O bo paseante sae a pasear cando lle peta.

 Punto dous: O bo paseante nunca ten présa.

 Punto tres: O bo paseante mostra sempre un lixeiro sorriso…”

MANUAL DO BO PASEANTE: DESCRICIÓN EN VINTE PUNTOS, de Raimon Juventeny. Limiar de Carl Honoré. Faktoría K, 2014.

O Monte Pituco -o seu val, o conxunto rupestre do Pornedo, a beira dos seus regatos- son o escenario para seis propostas de lectura neste Día do Libro. Pero hai unha lectura máis que aínda non chegou ao ‘balcón da ría’ porque acaba de saír do prelo e celebra esta fin de semana a súa primeira presentación ao público, en Viana do Bolo: trátase dos “Retrincos” da pastora e poeta Nieves Fernández Vidueira.

"Retrincos do meu ser"

Advertisements

Responses

  1. Mutas grazas por mentar o meu humide libro RETRINCOS do meu ser.. Que honor tan grande. E que labor tan fermosa a que facedes. Parabens e grazas

    • Moitas grazas a ti por escribir sobre a túa terra, sobre o teu traballo, por facernos viaxar canda ti ata as montañas de Viana do Bolo. Xa temos no Monte Pornedo un exemplar do teu fantástico libro, agasallado por un veciño que nos deu unha sorpresa. Lerei os teus “Retrincos” con moito afán e seguro que me van emocionar moito. Seguimos en contacto, apertas e grazas por visitar este humilde blogue.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: