Publicado por: MontePituco | 16/02/2019

O PITUCO NON É O SITIO MÁIS CHAN DE TODO MARÍN

Manuel Pazos Lamoso, candidato do Psoe á alcaldía

Corrían os primeiros meses de 2010 cando un modestísimo colectivo veciñal empezaba a mobilizarse para impedir a clasificación do Monte Pituco como solo industrial. O daquela alcalde, Francisco Veiga, do Psoe, negábase reiteradamente a recibirnos e o seu concelleiro de Parques e Xardíns, Manuel Pazos Lamoso, tivo a inmensa desvergoña de tratar de convencernos con mentiras de que aquela decisión estaba xustificadísima porque o Pituco era “o sitio máis chan de todo Marín”, dixo, literalmente.

Houbo que gastar uns cantos centos de euros nun estudo topográfico que revelou que menos do 10% da superficie afectada polo polígono empresarial proxectado reunía os requisitos mínimos para semellante infraestrutura.

Nove anos despois, ese edil ‘sociolisto’ é o novo candidato á alcaldía e acudimos á súa presentación política coa nosa flamante SENTENZA FIRME do TSXG que obriga o Concello de Marín a ANULAR a clasificación do Pituco como solo industrial por razóns técnicas e económicas, de impacto paisaxístico e afección ao patrimonio arqueolóxico.

Que tome nota a veciñanza e non lle confíe o seu voto a quen utiliza a súa posición de poder para abusar e enganar.

Presentación de Manuel Pazos Lamoso como candidato do Psoe á alcaldía de Marín

#CunParDeNarices


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: