Publicado por: MontePituco | 25/10/2018

CUNETAS LIMPAS, POR FIN!

Desbroce de cunetas

Este xoves por fin pasaron as máquinas desbrozadoras despexando de vexetación as cunetas á altura dos lugares de A Bouza, O Caeiro e A Pena. Dende o pasado verán nesta bitácora do Monte Pituco víñase protestando contra o perigo serio e real que supoñía transitar por unhas beiravías que xa daquela eran bastante impracticables e que tres meses despois estaban aínda en peores condicións, pola nula seguridade vial dun treito moi sinuoso onde moitos condutores circulan a unha velocidade bastante superior á establecida na sinalización.

Durante os últimos tres meses a herba, os fentos, as silvas e as acacias tiñan invadido o estreitísimo espazo de asfalto e de terra que nos quedaba aos viandantes para desprazarnos a pé por esta estrada de titularidade provincial. Na maior parte do itinerario a vexetación -xa seca- invadía mesmo o a plataforma viaria e a marxe de paso para peóns era inexistente, obrigando as persoas a deterse ante a proximidade dos vehículos e apartarse mesmo enriba da maleza para preservar a integridade física. 

Cómpre esixirlle aos responsables da Deputación de Pontevedra e tamén ao Goberno local de Marín -na parte que lles compete en canto a garantir o benestar da veciñanza- que miren máis polo rural, que atendan o correcto mantemento da rede de estradas e non se demoren tanto nas tarefas de conservación. 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: