É un ‘clásico’ por estas datas, a partir da primavera e ben entrado o verán… Se as máquinas da Deputación -titular do vial provincial que atravesa a parroquia- ou os servizos habilitados polo Concello de Marín non actúan, as cunetas énchense de vexetación e convértense en espazos inaccesibles e impracticables para os viandantes. O problema non é que haxa herba, senón que dun tempo a esta parte medraron silvas, estrugas e ata acacias cheas de pinchos que dificultan enormemente o paso de peóns. A liña branca que delimita o carril para os vehículos de motor do xa minúsculo espazo que hai para que as persoas nos despracemos, hai moito que desapareceu practicamente debaixo do fento e das demais plantas que van medrando.
Pasan os días e as semanas e non parece que a ninguén lle incomode ou lle preocupe esta reiterada situación. Tod@s somos usuari@s pero, ou ben a veciñanza pensa que é un perigo mais ninguén move un papel ou fai unha chamada para buscarlle solución, ou verdadeiramente estamos anestesiad@s pola comodidade, a desidia ou a irresponsabilidade. Ata que algún día leven a alguén por diante pola alta velocidade ás que @s fitipaldis conducen por aquí…
Como na Asociación Monte Pituco non somos desa segunda caste de persoas, senón que crémonos na obriga de demandar o que é xusto acudindo ás Administracións que correspondan, unha vez máis presentaranse as peticións e os documentos gráficos oportunos tanto no Concello como na Deputación -que tanto abogan pola seguridade vial e peonil- para que unha ou a outra, ou as dúas coordinadamente, tomen as medidas necesarias para facer transitable esta estrada sen risco de que xogarmos o físico.
[…] despexando de vexetación as cunetas á altura dos lugares de A Bouza, O Caeiro e A Pena. Dende o pasado verán nesta bitácora do Monte Pituco víñase protestando contra o perigo serio e real que supoñía transitar por unhas beiravías que […]
By: CUNETAS LIMPAS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 26/10/2018
at 21:41