A reiteración dos verquidos ilegais no Monte Pituco está acadando cotas intolerables, inadmisibles. A pista forestal suma -que teñamos constancia- ata seis puntos onde se acumulan distintos tipos de residuos.
No mesmo inicio da pista, onde había un sinal prohibindo as verteduras de lixo -e que foi inexplicablemente RETIRADO-, fixeron un depósito de entullos ao mesmo pé do poste.
O máis recente que atopamos esta semana consta de polo menos unha ducia de bolsas de plástico, do estilo das utilizadas para o lixo doméstico, que están cheas de restos de obra, ademais de botellas, caixas de tabaco e envoltorios de materiais de construcción. Amoreadas contra a vexetacións, están no mesmo lugar onde o pasado Nadal foi abandonado un lote de portas.
Máis arriba deste verquido hai outro con numerosos fragmentos de formigón ao que se suma o lixo acumulado dende hai un ano a carón do túnel da Variante: un sofá vello, cristais, ferros, plásticos, cables…
O colmo dos verquidos é o localizado o pasado mes de xullo na Fonte das pulgas, convertido nun vergoñento desguace onde se acumulan arredor de medio cento de defensas de coches. Descuberto a raíz do desbroce da zona, os restos dos vehículos puideron ser despositados tempo atrás, a xulgar pola vexetación seca que cobre a maioría das pezas. Se non se axiliza a súa retirada, o fento e as silvas están volvendo medrar enriba, ante a pasividade da Comunidade de Montes de San Xián, cuxa actitude cara ao Monte Pituco caracterízase polo abandono, a indiferencia e o desprezo.
[…] https://montepituco.com/2018/08/18/nin-basureiro-nin-desguace-nin-entulleira/ […]
By: DENUNCIA PERANTE O CONCELLO E O SEPRONA POLOS VERQUIDOS ILEGAIS | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 24/08/2018
at 10:32