Publicado por: MontePituco | 12/09/2017

PEZAS ETERNAS NACIDAS DA TERRA

…Eternas, mais non irrompibles. Porque as pezas que saen do obradoiro marinense Alén das olas están feitas con gusto, agarimo e boa materia prima, pero non son inmunes á lei da gravidade nin a un mal golpe.

Ata o 14 deste mes as salas do Museo Manuel Torres locen unha escolma das creacións de Laura Villanueva, unha artesá autodidacta que ademais de ter aberto ao público un establecemento na rúa Exército e Marina, tamén percorre diversas feiras para dar a coñecer a súa obra. Un labor que, ademais, vén de ser recoñecido co distintivo de calidade Artesanía de Galicia.

Mostra de cerámica de Laura Villanueva, Alén das olas.

Mostra de cerámica de Laura Villanueva, Alén das olas.

Mostra de cerámica de Laura Villanueva, Alén das olas.

Mostra de cerámica de Laura Villanueva, Alén das olas.

No Monte Pituco xa tivemos a oportunidade de contar co bo facer desta ceramista na recreación de varios elementos significativos do valioso patrimonio rupestre que atesoura a parroquia de San Xulián no ‘balcón da ría’. Algúns detalles dos petroglifos do Pornedo foron convertidos en fermosas pezas decorativas…

Os petróglifos do Pornedo, en cerámira, por Alén das Olas

Pero a creatividade e o talento rebordan en mans expertas e habilidosas, en mentes sensibles e comprometidas coa cultura da nosa terra. Así é que entre as novas creacións de Alén das Olas figuran dúas novas pezas nas que arte rupestre e natureza volven darse a man. Polo de agora o taller Alén das olas é espazo no que se custodian e expoñen, mais pronto chegarán ao seu destino definitivo, canda bos profesionais que están facendo un traballo encomiable a prol da defensa do Monte Pituco.

Novas pezas de Alén das olas inspiradas na arte rupestre do Monte Pituco (Pornedo)

Dende o Monte Pituco recomendamos encarecidamente a visita ao Museo Torres para coñecer o traballo de Alén das olas. Longa vida a esta iniciativa empresarial.

21457773_277424656098542_6740599052924467848_o


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: