Publicado por: MontePituco | 08/08/2017

AMIG@S DO BALCÓN DA RÍA (VI)

Os ‘amig@s do balcón da ría’ somos afortunados de incorporar unha nova camarada na causa a prol da defensa do Monte Pituco (Pornedo). Peluda, orelluda e abofé que tamén áxil e inqueda, os seus ladridos sumaranse de agora en diante aos doutros fieis compañeiros de fatigas de homes e mulleres que pateamos estes lares coas nosas mascotas caninas.

Dámoslle a benvida a Yuna a este miradoiro privilexiado, a este histórico enclave cuxo pasado quedou gravado en pedra polos nosos ancestros. Seguros de que está nas mellores mans, nas xenerosas mans de dous bos coñecedores do Pituco e dos seus arredores, Yuna agradecerá moito os paseos entre estas arboredas, as carreiras pola pista forestal e a exploración da natureza en todos os seus recunchos.

Benvida, Yuna!

Dende a Asociación Monte Pituco aproveitamos estas fermosas imaxes cedidas por Rita e Jose para darlle un novo pulo á campaña ‘Amig@s do balcón da ría’. Como se pode participar?

-Fai unha foto no miradoiro do Pornedo: a paisaxe, a flora ou a fauna da zona, os xacementos arqueolóxicos, unha autofoto, unha foto de grupo…
-Compártea en Facebook etiquetando a Salvador Pornedo ou Salvemos o Monte Pituco (Pornedo) e comentando o momento, recordo ou sensación asociada a esa imaxe.
-Visita o blog do Monte Pituco para ver a túa foto publicada.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: