Publicado por: MontePituco | 29/06/2017

XORNADAS SOBRE O MONTE, EN BUEU

Localizar onde hai éxito na xestión local dos recursos do monte e buscar potenciais persoas interesadas en replicar estas iniciativas, para despois, crear unha rede de emprendedores que intercambien as súas experiencias para melloralas en común. Este é o gran obxectivo do curso Avanzando na dinamización local con recursos propios: o monte, a última iniciativa posta en marcha polo grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (Gieea) da Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Bueu. A cita arrancará este venres na Casa do Pobo de Beluso.

"Avanzando na dinamización local con recursos propios: O monte"

"Avanzando na dinamización local con recursos propios: O monte"

Poráselle voz ás historias reais de “aqueles homes e mulleres que, a través do seu traballo diario, xestionaron os recursos locais derivados do monte, de tal maneira que xeraron novas rendas e novos postos de traballo”, explica Xavier Simón, director do curso e investigador responsable do Gieea, que destaca a participación no curso de firmas como Beelia Cordeiro e Cabrito Atlántico, Cooperativa do Porco Celta Incio e de Galeguesa, esta última, segundo Simón, “unha empresa moi interesante porque pecha o ciclo, é dicir, encárgase de producir carne de vaca de gran calidade que, finalmente, vende no seu propio restaurante en Vigo”. 

O aproveitamento forestal, as fontes de produción de biomasa e bioenerxía, a fabricación de mel, a utilización da resina dos piñeiros e a mellora dos pastos para obter carne de mellor calidade son o temas centrais que se tratarán nas conferencias programadas e que permitirán afondar nas potencialidades do monte para a dinamización local do Morrazo.

Este curso de verán non é a primeira iniciativa que se pon en marcha de xeito conxunto entre o Concello de Bueu e o grupo Gieea, de feito xa no ano 2014 puxeron en marcha unha iniciativa formativa no Museo Massó (Bueu) na que se trazou un panorama de proxectos para o aproveitamento de fontes naturais desde un punto de vista ecolóxico e medioambiental. Con esta nova proposta retómanse os temas tratados en setembro de 2016 en Gondomar, ás que asistiron representantes da Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo (APMM) que propuxeron trasladar as propostas á súa comarca. Este interese ven determinado pola “perspectiva práctica, accesible e próxima á realidade que ofrecen estas conferencias aos empresarios do sector”, explica Xavier Simón.

[Fonte: DuVi]

Faro, 29 xuño 2017


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: