Publicado por: MontePituco | 27/07/2016

(FALTA DE) LIMPEZA E SEGURIDADE VIAL NA ESTRADA DE SAN XULIÁN

Neste 27 de xullo a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO presentou un escrito no Rexistro Municipal do Concello de Marín con dúas peticións dirixidas á alcaldesa, María Ramallo, e ao concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas: 

-Que o Goberno local re-programe o seu plan de limpezas viais e desbroces no ámbito rural e inclúa a estrada de San Xulián, especialmente o treito entre A Bouza e O Caeiro, entre as accións prioritarias. Que se antepoñan as necesidades da poboación ao calendario de traballo marcado, en tanto a vexetación non vai de deixar de medrar nas cunetas mentres non chegue o turno de que a brigada de operarios acuda a esta parroquia.

-Se o Goberno local entende que a limpeza, o desbroce da beiravía e o mantemento nesta PO-0019 é competencia directa da Deputación de Pontevedra, como titular desta estrada, emplazamos o Concello de Marín a que lle traslade con urxencia esta demanda á Administración Provincial, ou que os dous organismos públicos se coordinen para actuar conxuntamente.

A solicitude vai acompañada cunha escolma das imaxes que seguen a continuación e que ilustran certeiramente os argumentos nos que se apoia a petición dirixida ao Concello.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Estrada de San Xulián: A Bouza - O Caeiro.

Como se pode observar, a vexetación invade as cunetas, chegando nalgúns puntos a cubrir os sinais coa denominación dos lugares.

A liña branca da sinalización horizontal, xa bastante desdebuxada polo deterioro do vial, está practicamente oculta pola herba e polo fento. Pero hai outras plantas que, como as silvas e as acacias, ambas con pinchos e con espiñas, fan que transitar por este lugar sexa un suplicio e un verdadeiro risco para a integridade das persoas, que carecemos de beirarrúas nas que movernos con máis comodidade e seguridade.

Os habitantes desta contorna son, maioritariamente, persoas de idade avanzada, con menos reflexos e menos axilidade que a xente moza para -como peóns- poder anticiparse e reaccionar axeitadamente ante calquera posible incidencia.

 

Por riba, trátase dun trazaso no que os condutores, de forma sistemática, incumpren os límites de velocidade e conducen, non só moi rápido, senón que toman as curvas invadindo o carril de circulación contrario, ante a ausencia de medidas de “calmado do tráfico”.

Dende a ASOCIACIÓN MONTE PITUCO confiamos na receptividade e na comprensión dos responsables locais.

Non se precisou na instancia presentada pero, naturalmente, a acción de limpeza solicitada refírese á que conleva exclusivamente o uso de medios mecánicos e humanos; en absoluto nada que teña que ver con produtos químicos como glifosato. Trátase dunha zona na que abundan os mananciais naturais que abastecen as vivendas da zona, polos seus regos condúcense as augas que baixan dende o monte cara ás leiras, e o uso de herbicidas sería moi perigoso para a saúde das persoas e afectaría de xeito grave ao medio natural.


Responses

  1. […] maneira reitérase ante o organismo provincial -titular do vial- a solicitude que xa no mes de xullo se lle presentara ao Concello de Marín a través da Concellería do Rural, e que caeu en saco […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: