Eran arredor das 10 da noite cando unha columna de fume nos chamaba a atención dende Bueu. Estaba ardendo o Monte Penizas, en Marín.
Terrible combinación, buscada a mantenta polo autor ou autores deste atentado, no caso de que se demostre que foi -como case todos- provocado: dunha banda, o vento que sopraba a esas horas; por outra parte, a cercanía da noite, que impediría a actuación de medios aéreos se as cousas pintasen mal. Sen dúbida, o/s pirómano/s buscan facer o maior dano posible e non poñerllo nada fácil aos efectivos de extinción de incendios.
Afortunadamente para a xente de ben e por desgraza para o autor/a deste delicto, o lume quedou controlado nun espazo de tempo relativamente razoable, mais haberá que estar atentos á avaliación dos danos.
Este 22 de xullo queda sinalado como a data na que Marín quedou marcado pola zarpa voraz das lapas, pola intención criminal dos inimigos da natureza, do medio ambiente, e de Galicia enteira.
Deixar unha resposta