«No monte hai un potencial considerable que hai que pulir»
Recoñece que moitos pontevedreses viven de costas ao monte: «Non sei se é unha consecuencia de vivir no litoral»
Entrevista a Iván Pérez, novo presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, en sustitución de Carlos Morgade
“O monte pode dar moitos postos de traballo, ademais da súa importancia a nivel ecolóxico e ambiental. Non hai que esquecer que é de onde provén a auga que bebemos, onde se depura o aire que respiramos e onde se producen as materias primas que empregamos”
“Eu animo a non vivir de costas ao monte, senón subir a eles e abrir os ollos. Ser conscientes da amplitude da nosa contorna”
“Queremos que haxa xente no monte, porque así quen vai roubar, quen vai facer verquidos ou quen vai facer caralladaso ten máis difícil. Hai que chegar a un entendemento para compaxinar o uso recreativo co uso respectuoso do monte”
“En Pontevedra, o animal máis perigoso é o ser humano. Ocasionan verquidos, rouban madeira, causan incendios… ¿Como controlas todo isto?”
[Foto e fonte da información: Mancomunidade de Montes de Pontevedra]
A nova directiva da Mancomunidade de Montes de Pontevedra ten a seguinte composición:
Presidente: Iván Pérez Berjano, vicepresidente da C. MM. de Lourizán
Vicepresidenta: Ángeles Ríos, secretaria da C. MM. de Tomeza
Secretario: José Bravo Portela, presidente da C. MM. do Salgueiral
Tesoureira: Diana Rodríguez Regueira, presidenta da Comunidade de Montes de Tomeza
Vogais: Humberto Villanueva, de Castro Lampán; Carlos Morgade, portavocía; José María Domínguez, de Campañó; Fernando Pintos, de Salcedo; e un membro da Xunta Rectora de Ponte Sampaio
Deixar unha resposta