Publicado por: MontePituco | 18/07/2016

TALA DE MADEIRA NA LADEIRA DO CASTRO DA SUBIDÁ

O PXOM de Marín determina que o Castro da Subidá, cuxa antigüidade se remonta a unha etapa que abrangue a Idade do Bronce e a Idade do Ferro, e que se extende ata o século II da nosa era, xa en tempos da romanización, ten unha protección “integral” e está catalogado como “Ben de Interese Cultural”. 

Por iso resulta chamativo chegar á ladeira deste antigo poboado fortificado e atopar as fondas rodeiras dun vehículo de gran tonelaxe aplastando o que viña sendo un pequeno sendeiro… 

Ladeira do Castro da Subidá

Seguindo o sospeitoso rastro dos neumáticos, chegamos ata un espazo onde, de súpeto, se abre un claro entre a vexetación arbórea que cobre a montaña na que se asenta o castro. Unha tala de madeira, que retirou piñeiros de ata 50 anos, mudou radicalmente a fisonomía desta ladeira.

…Cabe preguntarse, xa que logo, pola existencia previa -ou non- do preceptivo permiso de Patrimonio para acometer unha actuación tan contundente na área de incidencia deste terreo protexido. Hai, de feito, dúbidas fundadas da ausencia das autorizacións regulamentarias, polo que haberá que seguir moi atentos á evolución deste caso.

20160718_212135

Ladeira do Castro da Subidá

O achado desta tala vén coincidir, casualmente, coa relectura dun artigo no blog dos letrados Cristina Bugarín e Manuel Gago, especialistas no entorno xurídico das comunidades de montes. Titúlano dun xeito moi elocuente: “Señoría, eu non sabía que estaba cometendo un delito!” (parte 1 e parte 2). Na segunda entrega deste documento debullan pormenorizadamente o articulado legal relacionado coa protección do patrimonio histórico.

* Artigo 323 do Código Penal:

<< 1. Será castigado con la pena de prisión de seis meses a tres años o multa de doce a veinticuatro meses el que cause daños en bienes de valor histórico, artístico, científico, cultural o monumental, o en yacimientos arqueológicos, terrestres o subacuáticos. Con la misma pena se castigarán los actos de expolio en estos últimos. 

2. Si se hubieran causado daños de especial gravedad o que hubieran afectado a bienes cuyo valor histórico, artístico, científico, cultural o monumental fuera especialmente relevante, podrá imponerse la pena superior en grado a la señalada en el apartado anterior.

3. En todos estos casos, los jueces o tribunales podrán ordenar, a cargo del autor del daño, la adopción de medidas encaminadas a restaurar, en lo posible, el bien dañado >>.

* Artigo 324 do Código Penal:

<< El que por imprudencia grave cause daños, en cuantía superior a 400 euros, en un archivo, registro, museo, biblioteca, centro docente, gabinete científico, institución análoga o en bienes de valor artístico, histórico, cultural, científico o monumental, así como en yacimientos arqueológicos, será castigado con la pena de multa de tres a 18 meses, atendiendo a la importancia de los mismos >>.

Precisan os avogados:

En el primer caso se tipifica como delito la causación dolosa (“a sabiendas”) de daños en el patrimonio histórico o arqueológico, sin perjuicio de que es suficiente el denominado dolo eventual, es decir, cuando el sujeto se representa como probable las consecuencias antijurídicas de su acción para que se pueda castigar la actuación por la vía del artículo 323 del Código Penal, mientras que en el segundo caso se tipifica como delito su causación culposa (por “imprudencia”, que debe ser calificada como grave)”.

…E continúan aclarando:

“En todo monte que cuente con la existencia de mámoas o petroglifos o estaciones rupestres debe tenerse especial cuidado al ejecutarse una corta de arbolado, o cualquier otra actuación material sobre el monte, a fin de no dañar tales bienes de alto valor histórico, pues en caso contrario puede dar lugar a que se inicie frente al autor de tales hechos o bien un expediente administrativo sancionador o bien un procedimiento penal. Además se debe solicitar las correspondientes autorizaciones y tomar las medidas de protección obligatorias respecto de este tipo de bienes.

En este sentido, debe tenerse en cuenta que no sólo es necesaria la previa autorización del Servicio de Montes para la realización de una tala de madera, sino que se requiere igualmente la preceptiva autorización de la Dirección General de Patrimonio.

Además, se debe encargar la confección del informe preceptivo de un arqueólogo, para que dictamine las medidas protectoras a tomar, así como se debe balizar los elementos arqueológicos antes de comenzar a talar árboles.

Normalmente, la tala que se realice en las inmediaciones de este tipo de bienes de valor histórico requiere además de una roza manual en el contorno de los yacimientos en una franja de, como mínimo, diez metros de ancho medidos desde el exterior del yacimiento, estando prohibido el tránsito de maquinaria, así como los movimientos de tierra alrededor de los restos arqueológicos.

En conclusión, la ejecución de una tala de arbolado –u otra actuación material en el monte- sin observar las medidas protectoras antes indicadas, que desemboque en la causación de un daño a los yacimientos arqueológicos existentes, no sólo es constitutiva de una infracción administrativa, sino que puede ser constitutiva de un delito de daños contra el Patrimonio, tanto en su versión dolosa (art. 323 del Código Penal), como en su versión culposa (art. 324 del mismo Código Penal)”.

Ficha do Castro da Subidá no PXOM de Marín

[Ficha do Castro da Subidá no PXOM de Marín]

Vista do Monte Pituco dende o castro da SubidáLadeira do Castro da Subidá

O Castro da Subidá ten apenas excavadas catro construccións, pero é seguro que no subsolo deste promontorio hai máis edificacións castrexas que aínda non viron a luz. Na parte posterior do castro, ademais, atópanse os restos das murallas do poboado, agardando que algún día as Administracións competentes decidan ampliar os traballos de prospección, estudo, catalogación e musealización dos bens que os arqueólogos puideran sacar á superficie.

Vista do Monte Pituco dende o castro da Subidá

Por outra parte, na ASOCIACIÓN MONTE PITUCO sempre nos fixemos eco das apreciacións dos expertos que consideran que non é en absoluto casual a directa conexión visual entre o Castro da Subidá e o Monte Pituco (Pornedo), que conta cun valioso patrimonio arqueolóxico e no que hai indicios documentados da existencia dun castro que foi destruído.

Un posible castro no Pornedo? (artigo do 20 de febreiro de 2012) ]

Vista do Monte Pituco dende o castro da Subidá

No Castro da Subidá, ademais dos habitáculos que ocupaban os antigos poboadores destas terras e dos cinco cuncheiros que temos documentados (onde depositaban os restos dos moluscos dos que se alimentaban), atópanse tamén gravados rupestres, como as coviñas ou cazoletas dunha laxe situada no medio do camiño; nesta rocha aprécianse asimesmo leves marcas de trazos circulares.

Por desgraza, a pedra está deteriorada, posiblemente a raíz dos traballos de cantería realizados no século pasado, que alteraron a natureza orixinal deste asentamento prehistórico.

Petroglifo do Castro da Subidá

Como xa temos destacado en artigos anteriores nesta mesma bitácora, achegarse ata o Castro da Subidá permite coñecer unha parte da obra do marinense José Meijón, que deixou a súa peculiar impronta nunha das canteiras situadas na parte alta do poboado.

Gravados modernos de José Meijón

Gravados modernos de José Meijón

…Contrastando coa desagradable localización da tala presuntamente irregular na ladeira do monte, a recompensa desta xornada foi sermos testemuñas dun fermoso solpor dende a croa do castro, coa ría completamente cuberta de néboa.

Solpor dende o castro da Subidá

De volta á ‘civilización’ marinense, nembargantes, tocaba dar de fuciños con outra realidade menos grata: así como a parte excavada do castro está desbrozada -ata o extremo de que non medra nin unha brizna de herba verde, acaso polas elevadas temperaturas e a seca dos últimos días-, os sendeiros de acceso peonil ata A Subidá están cubertos de vexetación que dificultan o acceso. 

…Non podemos menos que imaxinarnos formando parte do argumento dunha película de Indiana Jones para zafarnos, a golpe de machete -ou bimbio, no seu defecto- da invasión de fentos e silvas que nos rodean. Abofé, non todo o mundo se achega en coche ata o castro; e para quen vaia a pé, a andaina pode convertense en toda unha aventura!

Camiño de acceso ao castro da Subidá


Respostas

  1. […] tala agresiva realizada na ladeira do castro da Subidá, SEN AUTORIZACIÓN da Dirección Xeral de Patrimonio (deste feito deuse conta nun artigo nesta […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: