Publicado por: MontePituco | 02/06/2015

DESBROCE DA ARBOREDA DO PITUCO PREVIO Á ESTREA DO ESPAZO SETE CAMIÑOS

Estes días estase desbrozando e acondicionando a arboreda a carón do Monte Pituco, na estrada de Figueirido. Este domingo día 7 -coindicindo coa semana na que se celebra, o 5 de xuño, o Día do Medio Ambiente- inaugúrase o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. A Comunidade de Montes quere ter esta área de lecer no mellor estado posible -así se acordou coas comunidades de montes de Salcedo e de Lourizán- porque este vai ser o punto de encontro e de recepción de visitantes, ás 9:30 horas, e ao remate da andaina, arredor das 13:00 horas, ofrecerase un ‘pincho’ aos asistentes.

Desbroce da arboreda do Pituco.

Desbroce da arboreda do Pituco.

Desbroce da arboreda do Pituco.

Do mesmo xeito, enfronte da arboreda tamén se están facendo traballos de limpeza da vexetación porque a idea das tres comunidades de montes -así estaba contemplado no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños- é que este terreo, a carón da pista forestal do Monte Pituco, poida ser un aparcadoiro para os vehículos nos que se acheguen as persoas que participen na andaina inaugural deste domingo.

Habilitando esta zona para estacionar turismos, daráselle un pulo á arboreda, xa que nas fins de semana de bo tempo é habitual ver familias xantando, tomando a merenda, ceando, ou pasando o tempo á sombra. 

Desbroce enfronte da arboreda do Pituco.

Desbroce enfronte da arboreda do Pituco.

Había anos que non se vía limpa esta parte do monte… E agradeceríase que estes traballos teñan continuidade; que se faga un labor de mantemento, non só de cara á estrea do Espazo Sete Camiños. Sería moi recomendable que a Comunidade de Montes de San Xulián continuara poñendo en valor esta área de lecer: instalando unha fonte en condicións, poñendo un peche perimetral de madeira no borde que dá á vista da ría, do porto e da illa de Tambo para evitar caídas, ou mesmo repoñendo o peche frontal a carón da estrada, que xa moi deteriorado pola acción do tempo.

Peche de madeira que cómpre repoñer.

Peche de madeira que cómpre repoñer.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: