A estas alturas de maio xa rematou o traballo realizado pola empresa de arqueoloxía A Citania para sinalizar os elementos incluídos no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Velaquí os paneis explicativos correspondentes ao conxunto rupestre de Regato dos Buratos/Outeiro da Mina, tamén coñecidos como Outeiro das Mouras ou Chan das Mouras, máis a Pedra do Encantamento, no monte veciñal de Salcedo, nos terreos que antano formaban parte do perímetro da Brilat, e que foron recuperados pola Comunidade de Montes.
Ademais da posta en valor do patrimonio arqueolóxico desta zona, cómpre destacar o importante labor de mellora do monte, que experimentou unha notable mellora: onde antano había acacias invasoras, agora medra -de forma ordenada- un vizoso piñeiral.
Panel explicativo do petroglifo situado na zona coñecida como As Apañadas, denominado como “do Campo de Tiro”, porque aquí era onde antano os militares realizaban as prácticas con armamento. Durante moitos anos, ao tratarse dun espazo vetado á sociedade civil, ao que non se podía acceder por formar parte dun recinto militar, estes gravados déronse por desaparecidos. Dende que se recuperou a titularidade veciñal do terreo, localizouse unha das laxes con presenza de arte rupestre.
Deixar unha resposta