Dende o Monte Pituco pódese observar que seguen facéndose obras de recheo no Porto de Marín.
Cementan o mar.
…Tamén queren cementar o monte.
Voracidade imparable, a que demostran políticos e empresarios; e o que é peor, sen plena, total e absoluta garantía legal desas actuacións.
Despois critícanse as sentenzas do mesmísimo Tribunal Supremo, constatando as ilegalidades cometidas. Políticos e empresarios decláranse entón en rebeldía. E saen -coma setas- plataformas pro-porto e pro-polígono.
Estamos en pre-campaña electoral.
Deixar unha resposta