Publicado por: MontePituco | 10/02/2015

CONSOLÍDASE A ACTIVIDADE AGROPECUARIA NO MONTE PITUCO

Recollida de herba e fento no Monte Pituco

Consolídase a actividade agrogandeira no Monte Pituco, recuperado xa daqueles insufribles, antiestéticos e profundos labirintos de zanxas e surcos na terra que se abriran antano co paso indiscriminado das motos e dos quads, cando os pilotos tíñano tomado practicamente en exclusiva como campo de adestramento e de entretemento particular.

Anteriores artigos relacionados:

* Motores fóra (xuño 2010)

* Ex-circuíto: antes e despois (abril 2011)

Agora seguimos comprobando con satisfacción a evolución positiva na recuperación do terreo, que dá herba, fento e toxo que a veciñanza vén apañar periodicamente para fornecer as cortes de estrume ou para alimento do gando.

O novo reto agora consiste en convencer os usuarios do monte de que cando veñan traballar, e durante a xornada consuman algunha bebida ou comida, non tiren os envases ao chan; e que tampouco deixen abandonados os restos sobrantes dos seus materiais de traballo, como cordas ou latas de combustible.

Restos de corda e bebida tirados no monte.

O monte, para o aproveitamento e o disfrute da veciñanza.

Non para ensucialo nin destruílo!

Non para enchelo de ruído, de asfalto nin de formigón!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: