Publicado por: MontePituco | 30/01/2015

RETOS IMPRORROGABLES DA NOVA DIRECTIVA (II)

6. POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

As comunidades de montes veciñas de Salcedo e de Lourizán xa están mans á obra na posta en valor do patrimonio arqueolóxico existente no seu ámbito territorial. A comunidade de montes de San Xulián non debe quedar á marxe da posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños; facelo sería unha grave irresponsabilidade, atentaría contra as obrigas que marca a Lei de Patrimonio de Galicia no que respecta á protección e conservación dos bens de interese cultural, iría en contra de todas as tendencias que defenden os investimentos mellora do patrimonio histórico e cultural e a súa promoción como factores de desenvolvemento social, turístico e económico.

No Monte Pituco e na súa contorna hai moitos e moi interesantes gravados rupestres, mámoas, formacións rochosas singulares, camiños tradicionais e outros elementos dos que a veciñanza de San Xulián e do resto de Marín deberían estar orgullosos e mesmo fachendear deles. Pola contra, este patrimonio languidece no monte, malia que son cada vez máis as persoas que acoden ao Pituco na procura dos seus petroglifos, vencendo as dificultades que supón a ausencia de paneis sinalizadores.

Petroglifos de Pornedo

Petroglifos de Pornedo

Petroglifo catalogado de Pinal de Caeiro. (Foto, Juan Carlos Epifanio).

Petroglifos de Pinal de Caeiro ‘O ciclista’

Petroglifos de Sete Camiños (foto, Paulo Troitiño).

Petroglifos de Sete Camiños

Mámoa de Sete Camiños, recentemente descuberta e incluida no catálogo de Patrimonio da Xunta.

Mámoa de Sete Camiños

Petroglifos da Carrasca, en San Xulián (Marín).

Conxunto rupestre da Carrasca

Gravados rupestres no camiño aos petroglifos de Champás.

Petroglifos da Carrasca

Un dos grupos do conxunto rupestre de Champás.

Petroglifos da Carrasca

Silla e petroglifos de Champás.

Petroglifos e silla de Champás

7. MELLORA URXENTE DA PISTA FORESTAL DO PITUCO

O estado deste vial é deplorable; un perigo para o tránsito de vehículos, persoas e animais. As imaxes son abondo expresivas. Sobran as palabras.

Pista forestal do Pituco

Pista do Pituco

Pista do Pituco.

Pista do Monte Pituco.

Camiño do Monte Pituco.

8. VERQUIDOS ILEGAIS

Os verquidos actuais non son da gravidade dos que se producían antano, cando non había ningún tipo de sinalización expresa prohibindo estas accións incívicas. Pero seguen producíndose depósitos de lixo, restos de obra, mobles vellos, restos de podas e limpezas de fincas. É un mal endémico contra o que cómpre tomar medidas máis efectivas dende a Comunidade de Montes, impulsando campañas educativas e de sensibilización, organizando patrullas de vixiancia e cantas accións sirvan para erradicar o mal costume de utilizar o monte coma un basureiro.

Lixo na pista do Pituco.

Lixo na pista do Pituco.

Verquidos na pista do Pituco.

Lixo na pista do Pituco.

Restos de poda na pista do Pituco.

9. RECHEO DE TERRA NA ARBOREDA DO PITUCO

En xullo de 2012 Defende o Monte Pituco dirixiuse ao Concello de Marín para pedir explicacións sobre a orixe do recheo realizado a carón da Variante e da arboreda do Pituco, sobre a finalidade deste depósito de terra, sobre as medidas de estabilización que haxa que realizar nesta obra encuberta. Ningunha resposta por parte do Goberno local, que tampouco lle derivou a instancia á Comunidade de Montes. Seguiremos insistindo para que se atenda esta petición que quedou no limbo.

Recheo na parte de arriba da Variante á altura da área de descanso na estrada de Fiigueirido.

10. ERRADICACIÓN DE ESPECIES INVASORAS

Fronte ás queixas de Defende o Monte Pituco pola proliferación de especies invasoras, como mimosas, acacias e plumeiros ou herbas da Pampa, a medida que tomou a Comunidade de Montes foi ordear a aplicación dun potente herbicida no lugar da Pena.

Unha accións drástica de máis, e mesmo perigosa, tendo en conta que se trata dunha zona con moita pendente, pola que se canalizan as augas pluviais procedentes do monte, onde conflúen as sobrantes do depósito de auga que abastece as vivendas do Caeiro. Os produtos químicos aplicados na terra poderían terse filtrado ata o regado do Pornedo, situado na curva entre A Pena e O Caeiro, e que rega as veigas da Curxeira e Vilafíns.

En definitiva, unha irresponsabilidade que, moi probablemente, se perpetrou sen a supervisión dun especialista, por máis que en Defende o Monte Pituco somos partidarios da retirada destas plantas con medios mecánicos, tal e como recomendan outros colectivos con experiencia nesta materia, como Vaipolorío, que veñen traballando hai tempo na retirada destas especies na contorna do río Gafos, en Pontevedra.

Herba da Pampa queimada con herbicida.

Herba da Pampa queimada con herbicida.


Respostas

  1. […] Neste blog xa se ten comentado e documentado graficamente que o firme deste vial forestal presenta unha erosión máis que considerable, ata o extremo de que quedaron á vista as mangueiras que abastecen a fonte situada a carón da estrada. O filo das pedras e os entullos e restos de obra que se foron depositando en sucesivos verquidos ilegais ao longo dos anos, poden chegar a provocar danos nos vehículos que tamén circulan por este vial. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: