Publicado por: MontePituco | 27/11/2014

OUTRO ‘PINO SECO’ PARA MURADAS

Pino seco a carón da estrada de Figueirido, no Caeiro.

Na recta final deste mandato e a poucos meses da convocatoria dunhas novas eleccións municipais, Defende o Monte Pituco quere contribuír modestamente a que ningún grupo político quede sen ideas que expoñer nos seis plenos que a actual Corporación terá que celebrar aínda ata o vindeiro mes de maio. Non han faltar as propostas, incluídas aquelas nas que o fume sexa a materia prima fundamental, pero máis vale que sobre en vez de que falte.

Hai un veterano concelleiro ao que esta incidencia lle acae máis que a ningún outro edil. Erixiuse por méritos propios na voz dos “clásicos” cando, sesión tras sesión, sacaba a súa lista de rogos e preguntas que recitaba con devoción, recreándose na demora de cada incumprimento: o grosor insuficiente dunhas lousas de pedra, as deficiencias nunha rúa de Seixo, a reclamación do Concello contra a empresa responsable dunhas obras en Ezequiel Massoni, ou aquel famoso pino seco da curva de Bagüín.

Aquel pino seco desapareceu hai tempo da face da terra, supoñemos que para gusto (ou disgusto) de Muradas. O edil socialista tivo outros pinos, carballos e eucaliptos secos dos que dar queixa; neste blogue propuxéronse outras árbores vellas candidatas ao relevo nos desvelos deste persistente concelleiro, tan concienciado coa seguridade vial e dos peóns ante o risco de ser esmagados por un tronco en caída libre. Pero só aquel de Bagüín lle quitou o sono durante meses e meses.

Temos outra causa arbórea para Muradas, no lugar do Caeiro. Outro pino seco ameaza con ceder aos vendavais do inverno e á carcoma. Pino seco busca padriño político que o faga famoso na Casa Consistorial. É a oportunidade de Muradas para deixarse caer por San Xulián, que ten esta parroquia moi abandonada.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: