Publicado por: MontePituco | 26/10/2014

A PRAGA DA HERBA DA PAMPA

Plumeiro na estrada de San Xulián, a carón do enlace coa Variante.

A presenza da herba da Pampa é preocupante en puntos concretos de San Xulián. É o caso da cuneta na estrada de San Xulián, á altura do lugar de A Pena, no cruce co acceso á Variante de Marín.

Praga de herba da Pampa no recheo de terra realizado a carón do Monte Pituco, a carón da Variante.

[Imaxe de arquivo]

Tamén preocupa a súa proliferación no Monte Pituco, a raíz do recheo que se realizou -co consentimento da Comunidade de Montes- a carón da Variante, onde antano había unha carballeira. Nos últimos tempos, a Comunidade de Montes vén encargando a unha empresa o desbroce da zona, que non inclúe a retirada das plantas de raíz, senón a corta dos talos, co cal a herba da Pampa volve agromar ao pouco tempo.

Faro, 26 de outubro de 2014.

“Los taludes de las carreteras han sido las principales vías de propagación de la hierba de la Pampa, de manera que el incremento de la red viaria en los últimos años la ha favorecido, al igual que la proliferación de áreas industriales y de urbanizaciones, cuyos suelos removidos y nitrogenados propician su desarrollo. El problema es que no se queda ahí y que, una vez establecida, resulta difícil de eliminar e incluso de contener”.

“Es muy difícil de eliminar. Debe arrancarse con toda la raíz y es necesario evitar la dispersión de sus semillas. Una vez retirada la planta suele rociarse el terreno con glifosato para evitar que rebrote. A menudo vuelve a aparecer”.


Responses

  1. […] a Asociación Monte Pituco vimos alertando hai moito tempo da proliferación da invasora herba da Pampa e do seu preocupante avance nos accesos á Variante de Marín. Especialmente dende que se construíu este vial, xa que antes da […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: