Este artigo reúne un amplo álbum de imaxes da andaina polo Monte Pituco e polo Espazo Sete Camiños que realizamos o pasado domingo, coa participación dunhas 80 persoas. O balance non puido ser máis positivo, polo éxito da convocatoria e pola satisfacción do público ao remate da actividade.
Entre todas as reaccións e comentarios que nos trasladaron os compañeiros de ruta quedámonos coas palabras dunha veciña do lugar dos Bravos que, ao rematar o roteiro, veu darnos as grazas por darlle a oportunidade de coñecer un conxunto de bens, de historias, de anécdotas e de paisaxes que descoñecía, malia ser de San Xulián ‘de toda a vida’.
–Marcho contenta coma unha meniña pequena,- asegurounos esta amable señora.
…E xa só por iso, pagou a pena!
[Para ver a reportaxe gráfica, premer a continuación en “Ler máis”]
Na pista forestal do Pituco atopamos estampas pouco agradables: un gran volume de terra amoreada que se está utilizando para rechear unha pista de nova apertura, por iniciativa da Comunidade de Montes, que se trazou por enriba de antigos camiños de carro que atravesan monte veciñal e matos particulares.
…Destaca a ‘suciedade’ e a impureza da terra utilizada para os recheos: tubos e plásticos, aramios metálicos, entullos de obra. Non parece axeitado que se meta no monte un material de dubidosa procedencia, contaminando e alterando o monte veciñal con lixo foráneo.
Con terra solta e xabrenta cubriuse tamén unha parte da pista, á altura do tendido eléctrico. Coas primeiras choivas, o máis previsible é que a zona se convirta nunha lameira…
Afortunadamente, deixamos atrás estas imaxes que lle fan dano á vista, que resultan pouco compatibles co sentido común e que non lle deron boa impresión aos asistentes á camiñada. O importante era centrarse no verdadeiro obxectivo da andaina: o patrimonio arqueolóxico e etnográfico do Monte Pituco, as lendas da zona, a fauna e a flora, a paisaxe.
Nos petroglifos de Sete Camiños
Restos da muda dunha serpe
Barbantesa
Araña tigre
Herba de Santiago
Mámoa de Sete Camiños
Antiga canteira na zona dos Sete Camiños
Encrucillada na que contamos a historia da luz dos Sete Camiños
En Salcedo resulta chamativa e preocupante a praga de mimosas e acacias
Scleroderma ou peido de lobo
Boletus calopus
Fento Real preto da fonte da Prata, en Salcedo
Ramón Laxe, da Comunidade de Montes de Salcedo, na Fonte da Prata, explicando os traballos de mellora que veñen realizando
Piñeiral podado, na zona próxima ao antigo campo de tiro da Brilat, recuperada pola Comunidade de Montes de Salcedo
No conxunto rupestre de Regato dos Buratos
Na Pedra do Fundamento
Valado de pedra instalado pola Comunidade de Montes para impedir o acceso de vehículos motorizados e bicicletas ao conxunto rupestre de Regato dos Buratos
A construcción da aldea afgá provocou a destrucción da mámoa de Louredo
Linaria ou paxariño
Sanguiño
Petroglifos a carón da Pedra Escorregadoiro
Gentiana pneumonanthe ou xenzá
Pías naturais no penedo do Outeiro da Campá
Mámoa de Catadoiro
Pedra do sapo
Marcas de cantería a carón da Pedra do sapo
Gravados modernos de Pepito Meijón
No descenso cara ao Monte Pituco (Pornedo)
Conxunto rupestre de Pornedo
Máis gravados de Pepito Meijón no Pornedo
Miradoiro do Pornedo
O vindeiro mes de setembro a Asociación Monte Pituco volverá organizar outro roteiro que, a diferenza deste, será en horario vespertino, para posibilitar a observación dos gravados rupestres coa luz rasante do solpor, máis propicia para admirar as súas figuras milenarias.
Informarase do día e da hora neste mesmo blogue e na páxina Salvemos o Monte Pituco en Facebook.
[Fotos: Monte Pituco, Álex Negreira e Paulo Troitiño]
Deixar unha resposta