Publicado por: MontePituco | 08/07/2014

LAGOA DE CASTIÑEIRAS: O DETERIORO QUE SE ACENTÚA (III)

Diario, 5 de xullo de 2014.

Diario de Pontevedra:

“La Xunta se compromete a adecentar el entorno del Lago de Castiñeiras”

“Ao longo da próxima semana a Administración poñerá a disposición do persoal de mantemento un tractor para limpar un pouco a zona. Tamén se comprometeron a reparar o peche de madeira e recompoñelo e, en relación co tema do lixo, vanse instalar máis contedores e sinais para que a xente demposite o lixo neles”, indicó José Luis López. El presidente de la Comunidad de Montes de Vilaboa comentó que “hai vontade por parte da Xunta para acadar unha solución á deixadez do parque, un abandono que eles ao principio non aceptaban como tal, pero que posteriormente recoñeceron debido á falta de medios e persoal”.

Diario, 8 de xullo de 2014.

Diario de Pontevedra:

“Un técnico del área de Medio Ambiente inspecciona el entorno del Lago de Castiñeiras”

Dende que hai un ano -ou máis- os usuarios do contorno da Lagoa de Castiñeiras comezaran a alzar a voz alertando do preocupante deterioro deste contorno, nin a Xunta, nin os Concellos de Marín e Vilaboa, nin as Comunidades de Montes, deran o paso de adoptar as medidas correctoras necesarias para frear e invertir esta tendencia. Por fin semella que comezan a virar as tornas, xa que nos últimos días os responsables da Administración “perden o cu” por “escenificar” o seu interese, con declaracións públicas e foto incluída.

…O tempo dirá se “lo tuyo es puro teatro” ou se dunha vez poderemos volver pasear por Castiñeiras sen que nos caia a alma aos pés.

………………………………………………….

Ver anteriores artigos relacionados:

Queixas polo mal estado da Lagoa de Castiñeiras (20 setembro 2013)

Queixas polo mal estado da Lagoa de Castiñeiras (II) (23 setembro 2013)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: