Unha das actividades incluidas no IV Mercado Agroecolóxico e Artesanal que se celebra en Bueu este fin de semana é un obradoiro de plantas ventureiras e comestibles, organizado por Horta Agrelo.
Son moitas as plantas que adornan os camiños e ás que, cuns coñecementos mínimos, podemos obterlles máis proveito: pétalos de malva e de rosa, dente de león… Algunhas pistas de cales serán os contidos desa sesión estanse filtrando xa polas redes sociais e a iniciativa promete.
…Tantas plantas do Monte Pituco como temos catalogadas! Agora, ademais de coñecer o seu nome, a súa morfoloxía e o seu ciclo vital, poderemos saber tamén cales podemos mesmo levar ao prato.
Deixar unha resposta