Publicado por: MontePituco | 04/07/2014

PREMIO DE QUEREMOS GALEGO PARA UNHA VECIÑA DE SAN XULIÁN

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.

A profesora Ana Acuña Trabazo vén de recibir esta tarde o Premio Lingua de Ouro que lle outorgou a Asociación Queremos Galego de Marín polo seu rigoroso e intenso traballo de investigación e de divulgación do galego. Coa humildade e coa sinxeleza que a caracterizan, Ana Acuña agradeceu este recoñecemento que, por unha vez, non fai bo o dito segundo o cal un/unha non é profeta na súa terra.

Marinense, colleita do 71, Ana Acuña é veciña de San Xulián e os seus logros son motivo de orgullo e de admiración para quen apreciamos o esforzo dunha muller nova por adquirir unha sólida formación académica: doutora en Filoloxía Galega e profesora da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra.

Neste blogue xa deixamos constancia da súa valía con motivo da recente publicación do seu libro “Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)”, publicado por Xerais. Non é a súa única obra escrita: ensaios sobre Xoan Vidal, Xosé María Álvarez Blázquez ou Xoán Manuel Pintos, e varias antoloxías poéticas conforman o seu catálogo de títulos, aos que se suman artigos en revistas como Madrygal, a Revista de Investigación en Educación, e Culturas Populares. É experta en fraseoloxía, literatura popular e transmisión oral, exilio e emigración, e son moitos os seus coñecementos sobre os escritores vencellados a Pontevedra.

Moi merecido pois este galardón e, dende o Monte Pituco, neste pequeno recuncho da parroquia de San Xulián, enviámoslle unha présa de beizóns a Ana Acuña, e moitos ánimos para que siga avanzando cara a novos horizontes de estudo, para que vexan a luz en futuras publicacións.

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.

Canda ela, na categoría de colectivo, tamén recibiu o Premio Lingua de Ouro o conxunto de persoas que forman parte dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos colexios públicos de Marín.

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.

Na outra cara da moeda, o Premio Lingua de Trapo -que reprende as accións negativas en contra do idioma- foille adxudicado á propietaria dun hotel asturiano que desprezou a unha demandante de emprego porque no seu currículo incluía o seu dominio do galego como un mérito laboral.

O acto de entrega da quinta edición destes galardóns celebrouse na Biblioteca Pública de Marín e contou coas intervencións da poeta marinense Josefa Area, a música do grupo Saljariteiros e unha lectura dramatizada a cargo de dúas integrantes do grupo de teatro de Queremos Galego-Marín.

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.

Entrega de Premios da Asociación Queremos Galego.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: