Publicado por: MontePituco | 01/05/2014

SEGUIMOS LOITANDO: DOUS POLÍGONOS A FALTA DE UN

Faro de Vigo.

El Plan de Áreas Empresariales contempla el parque de Moaña y la ampliación de Castiñeiras

Destina 435.528 metros cuadrados para el nuevo polígono que los empresarios quieren desarrollar en Cruz da Maceira y suma 412.238 al que ya está operativo entre Cangas y Bueu – El documento no delimita el terreno

Cristina G. | Moaña 01.05.2014

Lo que había adelantado el conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras, Agustín Hernández, al alcalde de Moaña, José Fervenza, y la representación de empresarios del municipio el pasado 21 de marzo se ha cumplido, incluso se ha adelantado. El Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariales de Galicia, que ayer se aprobó de forma definitiva en el Consello de la Xunta y que no se esperaba para antes de junio, contempla entre sus 117 actuaciones en 95 concellos, el proyecto del parque empresarial de Moaña, aunque sin estar asociado a Marín como antes- así como la ampliación del actual polígono de Castiñeiras, entre Bueu y Cangas, en donde están ubicadas una treintena de empresas en sus casi 130.000 metros cuadrados, de los que 74.600 son de uso industrial. El parque empresarial de Moaña figura con 435.528 metros cuadrados y la ampliación de Castiñeiras con 412.238. Además, el Plan incluye en la comarca de O Morrazo y dentro de lo que técnicamente denominan área funcional de Pontevedra en la que se inscribe esta península, el PARQUE EMPRESARIAL DE MARÍN-PORNEDO con 336.944 metros cuadrados.

A lo largo de estos últimos meses había dudas de que el parque empresarial de Moaña, que está promovido por la iniciativa privada a través de la Agrupación de Interés Económico Polígono de Moaña, pudiera tener cabida en este Plan después de que en el estudio elaborado por Eptisa, a encargo de la consellería, figurara con escasa puntuación y con el terreno afectado por el paso de una línea eléctrica. Finalmente este primer obstáculo se ha esquivado, aunque ahora los empresarios, integrados en la Agrupación de Interés Económico Polígono Industrial de Moaña, tendrán que intentar llegar a un acuerdo con la Comunidad de Montes de Moaña que en 2003 aprobó la cesión de alrededor de 241.000 metros cuadrados de terreno a los promotores, pero hace dos años y con una nueva directiva, en 2012 anuló dicho acuerdo con el argumento de que el convenio había sido ilegal ya que se basaba en una figura de mutuo acuerdo expropiatorio que consideran que no existe. El convenio contemplaba la cesión a la agrupación de 240.000 metros cuadrados de terrenos y los comuneros recibían 25.000 metros cuadrados urbanizados dentro del polígono. Posteriormente, esa cifra bajó a 150.000 al reducirse el polígono.

De todas formas, en el anuncio que realizó ayer la Xunta sobre el Plan, solo figuran las superficies de cada parque empresarial, pero no su delimitación. El Plan empezó a elaborarse en 2011 para planificar las actuaciones de suelo empresarial en Galicia hasta un horizonte de 2024. Parte de las actuaciones tendrán como promotores a las entidades públicas del Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) y Xestión Urbanística (Xestur), dependientes de la Xunta, mientras que otras serán de otros promotores públicos como SEA, Consorcio de Zona Franca de Vigo, Sepes, Suplusa, los propios concellos o promotores privados. Las actuaciones dependientes de la Xunta se desarrollarán dependiendo de la demanda real que se produzca en cada comarca y que será comprobada a través del Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial. El Plan -señala- sirve para cuantificar, planificar y localizar la superficie necesaria de suelo empresarial y definir los ámbitos susceptibles de acoger actuaciones de este tipo. Las 117 actuaciones que se incluyen, situadas en 95 concellos, suponen una superficie total ordenada de 46.303.084 metros cuadrados. De éstas, 53 corresponden al IGVS y Xestur (16,6 millones de metros cuadrados), 3 a Sea (1,4 millones) y las 61 restantes corresponden a otros promotores públicos y privados. En la provincia de Pontevedra se contemplan tres áreas funcionales: Pontevedra (en la que está Morrazo) con 14 concellos y 13 actuaciones; Área de Lalín (3 concellos y 3 actuaciones) y Área de Vigo, con 11 concellos y 15 actuaciones.

Los empresarios presentarán una nueva propuesta a la comunidad de montes

01.05.2014 | 02:00

El presidente de la agrupación de empresarios de Moaña, Luis Alves, reconoce que si la Xunta ha incluido el polígono de Moaña en el Plan es porque lo considera viable. Admite que el momento no es el más idóneo por la crisis, pero sí hay demanda y muchos empresarios necesitados de suelo. Barajan desarrollarlo por fases.

Alegacións presentadas por Defende o Monte Pituco e outros colectivos en contra da instalación da Plataforma Loxística Marín-Pontevedra no Monte Pornedo.

Alegacións presentadas en marzo de 2012 por Defende o Monte Pituco e outros colectivos contra a inclusión do Monte Pituco no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais.

DEFENDE O MONTE PITUCO xa leva tempo loitando contra a clasificación do Monte Pituco (Pornedo) como chan industrial no Planeamento urbanístico do Concello de Marín. Este colectivo veciñal ten forza, apoios e argumentos para seguir loitando agora contra un segundo proxecto de polígono industrial, promovido neste caso pola Xunta.

Dúas urbanizacións empresariais nun mesmo monte que, polas súas cualidades intrínsecas forma parte do Espazo Natural dos Montes do Morrazo, tal e como o catalogan as Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento. Os Gobernos local e autonómico terían que atreverse a tumbar esa restricción ambiental para ousar meter as máquinas que esnaquicen este enclave.

Un monte situado na fachada litoral do fondo da ría de Pontevedra, en fronte ao Conxunto Histórico-Artístico de Combarro. A alteración da súa fisonomía suporía un impacto paisaxístico brutal e irreversible en toda a área que abarcan municipios de alta ocupación turística como Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Bueu e o propio Marín.

Plano da conca visual do espazo afectado polo proxecto da Plataforma Loxística Marín-Pontevedra.

Plano da conca visual do espazo afectado polo Plan Sectorial na zona do Monte Pituco.

Un monte que posúe unha elevada densidade de elementos arqueolóxicos catalogados: petroglifos do Pornedo, Sete Camiños, Pinal de Caeiro, mámoas de Sete Camiños e de Chan de Lagoa. Tanto o polígono proxectado a nivel municipal como a nova infraestrutura prevista pola Xunta afectan directa e gravemente a estes xacementos clasificados -no caso dos gravados rupestres- como Bens de Interese Cultural.

O feito de que o Plan Sectorial de Ordenación de de Áreas Empresariais non delimite con exactitude o territorio xeográfico que abarca ese parque empresarial Marín-Pornedo é un factor de indefensión, e incertidume para os colectivos que defendemos a protección e conservación desta zona, e denota unha total falta de seriedade e rigor por parte da Xunta e do Instituto Galego de Vivenda e Solo. 

Detalle do conxunto rupestre do Pornedo, afectado polo proxecto de parque empresarial Marín-Pornedo.

Detalle do conxunto rupestre do Pornedo, afectado directamente polo proxecto de parque Marín-Pornedo incluido no Plan Sectorial.

En febreiro de 2012 o Concello de Pontevedra alegou en contra do anteproxecto dese Plan Sectorial porque o proxecto inicial Marín-Pontevedra afectaba unha gran parcela de monte situado no seu termo municipal que estaba clasificado como “solo non urbanizable de especial protección forestal e con presenza de varios xacementos arqueolóxicos”. Resulta moi chamativo que, lindando con ese terreo, o Monte Pituco -que loxicamente tamén posúe unha elevada densidade de patrimonio prehistórico- fora catalogado como chan industrial e que se lle planifiquen dous polígonos, a falta dun.

Dous posibles polígonos nun terreo cunha forte pendente, tal e como reflicte o estudo preliminar elaborado pola empresa Eptisa, que cuestiona seriamente a viabilidade económica de ditas actuacións. O propio conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, recoñeceunos en privado ese factor técnico desfavorable. Sería necesario construir taludes e muros de contención de grandes dimensións para salvar o desnivel, o que necesariamente volve levar á agresión medioambiental e paisaxística.

Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia: Plataforma Loxística Marín-Pontevedra.

Datos de Eptisa que avalaban a baixa puntuación da plataforma loxística Marín-Pontevedra incluida no anteproxecto de Plan Sectorial.

Agresión medioambiental tamén porque ese parque empresarial Marín-Pornedo provocaría a perda de mananciais que abastecen actualmente e dende tempo inmemorial as vivendas e as leiras dos lugares de Pena, Caeiro, Bouza, Laxe, Arealonga, Souto… Agresión medioambiental porque provocará a contaminación ou desaparición de regatos nos que habitan especies de fauna e flora vulnerables. Agresión medioambiental porque impedirá a xestión dos recursos forestais.

É absolutamente lamentable o posicionamento do Goberno local de Marín -tanto ten o actual PP que o anterior bipartito Psoe/Bng- na súa incomprensible actitude irracional de acaparar un volume de solo industrial xa non só innecesario, senón desacertado na súa ubicación. Dende a Alcaldía veñen felicitándose pola aprobación dun PXOM que habilita solo empresarial no Monte Pituco e pola inclusión do Concello no Plan Sectorial que agora se confirma coa aprobación do documento.

Un documento que satura a bisbarra do Morrazo de parques empresariais, habendo milleiros de metros cadrados baleiros en Barro-Meis, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Campo Lameiro… O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais aproba a destrucción do Monte Pituco en Marín e ademais prevé a ampliación do polígono de Castiñeiras en Bueu e tamén a creación doutro polígono en Moaña. É así como a Xunta entende o que deu en chamar eufemisticamente “reducir os desequilibrios intercomarcais”?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: