Publicado por: MontePituco | 01/05/2014

UN ANO MÁIS, A FESTA DOS MAIOS

Maio de San Xulián na festa dos Maios celebrada en Pontevedra.

Maio de San Xulián

Esquecemos por un día os pro-polígono, a política delirante da Xunta en materia de solo industrial, as agresións e as ameazas que lle afectan ao patrimonio histórico e medioambiental do Monte Pituco. É día para gozar dos maios, de flores cubertos…

Festa dos maios en Pontevedra.

“Aquí vén o maio
de frores cuberto…
puxéronse á porta
cantándome os nenos”.

Curros Enríquez, O Maio

Festa dos maios en Pontevedra.

“Maiño maiolo, que tanto durmiche.
Pasaron sete burros e ti non os sentiche”.

Festa dos maios en Pontevedra.

Neste 1º de maio tivemos tamén noticia dun costume que consiste en erguerse cedo, “antes de que os raios do sol iluminen a cama”. O motivo de madrugar neste día non é outro que evitar “andar a durmir todo o ano”.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: