Publicado por: MontePituco | 10/04/2014

ESCRITO AO CONCELLO SOBRE O PATRIMONIO RUPESTRE

Escrito presentado no Concello de Marín.

DEFENDE O MONTE PITUCO vén de presentar un escrito no Concello de Marín para volver chamar a atención -e xa perdemos a conta- dos responsables municipais sobre a precaria situación do patrimonio arqueolóxico, concretamente na parroquia de San Xulián e no Monte Pituco, onde por desgraza a Comunidade de Montes non se preocupa pola conservación dos xacementos, tal e como establece a Lei de Patrimonio Cultural aos titulares dos terreos.

Como o Goberno local NON CONTESTOU á petición de entrevista que se lle cursou o pasado mes de marzo para manter un encontro cos responsables municipais arredor de temas diversos -entre os cales a protección dos petroglifos era un dos máis urxentes-, sirva esta nova solicitude para reiterar o interese deste colectivo veciñal -co apoio da comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Sete Camiños, de arqueólogos e entusiastas do patrimonio a nivel local- por abordar a posta en marcha dalgunha medida encamiñada á limpeza, recuperación e posta en valor destes xacementos, contando co visto e prace da Administración autonómica, coa que cumpriría realizar as xestións oportunas.

Este escrito vén motivado pola recente realización dunha proba deportiva que permitiu advertir graves eivas na salvagarda dos gravados rupestres: circuítos de carreiras atravesando estacións arqueolóxicas, uso de marcas de pintura para delimitar o trazado co risco de danar gravemente algunha laxe catalogada… Razóns, en fin, para demandar razoablemente que se balicen e se sinalicen este elementos clasificados como Bens de Interese Cultural e dotados dunha protección que -á vista destes feitos e doutras agresións que pasan impunemente- brilla pola súa ausencia.

 

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: