Publicado por: MontePituco | 14/04/2014

…ESTÁN DE BROMA OU QUE? DE VERDUGOS A (FALSOS) DEFENSORES

Diario, 14 de abril de 2014.

A prensa local deste luns parece anunciar máis ben a proximidade do día dos Santos Inocentes que a da Semana Santa. Lemos ben: que o BNG “propón RECUPERAR A FACHADA MARÍTIMA”!

Seica a quenlla (ou tiburón) é un dos animais con menos memoria: de 3 a 5 segundos, segundo algúns estudos científicos. A comparanza venlle ao pelo aos responsables do grupo municipal nacionalista.

Preséntanse agora como uns combatentes do feísmo, os paladíns da harmonía paisaxística, os valedores da boa imaxe da franxa litoral do concello.

…Son OS MESMOS que fixeron posible que o Monte Pituco -situado no “balcón da ría”, parafraseando as palabras do noso veciño Xan Montenegro- fose clasificado no PXOM como solo industrial

…Son OS MESMOS que, cando tiveron que darnos explicacións aos veciños e veciñas que lles amosamos o noso rexeitamento a esa aberración urbanística, intentaron escudarse na “excusa” de que os habitantes da Brea e Vista Alegre tiveran a culpa pola súa oposición aos polémicos micropolígonos que finalmente acabaron no cubo do lixo, de tan descabellados que eran tales proxectos.

…Son OS MESMOS que, en sede plenaria, e ocupando daquela cargos de MEDIO AMBIENTE, URBANISMO e CULTURA, propuxeron DESAFECTAR o Monte Pituco do ámbito dos Montes do Morrazo, catalogados como ESPAZO NATURAL polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento, porque esa figura de protección molestáballes moito nos seus revirados plans de pseudoterrorismo urbanístico, ambiental e cultural: arrasando un monte en plena fachada da ría a costa dun investimento económico desmesurado pola forte pendente do terreo, provocando un impacto paisaxístico irreparable e perxudicando numerosos aproveitamentos de auga, afectando xacementos arqueolóxicos catalogados.

…Son OS MESMOS que rexeitaron apoiar o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, malia que nos concellos veciños de Pontevedra e Vilaboa outros representantes da súa mesma corda política recibiron a iniciativa con entusiasmo.

E así seguiriamos ‘ad infinitum’, sumando razóns para desenmascarar a estes FALSOS defensores do Medio Ambiente, do Urbanismo Sostible e da Cultura. Que lle vaian quentar a cabeza coas súas trolas a algún penitente da Semana Santa.  Ou que sinxelamente vaian trincar cos seus dentes de tiburón noutros ósos que non sexan os dos promotores de DEFENDE O MONTE PITUCO, que lles son moi duros de roer. Nestas augas non teñen votos que pescar e así o demostren as próximas eleccións con outro batacazo memorable como o que levaron nas anteriores municipais.  


Responses

  1. Os mesmos que tiñan agochados nun caixón os planos do Plan Vigo-Integra, que pensaba comunicar o porto de Vigo co porto de Marín, para que Marín quedara ao servizo de Vigo e o noso porto recollera os refugallos “pouco interesantes”.
    Ese plan ía levar por diante ducias de casas entre Marín e Moaña, expropiadas para ampliar a estrada e facela mais apta para camións pesados.
    Os polígonos da Brea, San Xulián e Pituco quedarían así, comunicados e ao servicio de todo ese tráfico.

  2. Fachada marítima dáballa eu a eles. Sinvergonzas!

    • …O dito: haiche xente para todo e estes concretamente non teñen complexos de ningún tipo, ademais de ter ben poucos escrúpulos. Con este tipo de brincadeiras retrátanse a si mesmos: lobos con pel de año! Só cabe esperar que a cidadanía o teña presente.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: