Publicado por: MontePituco | 09/04/2014

TALA DE MADEIRA A CARÓN DOS PETROGLIFOS DA CARRASCA

Tala de madeira a carón dos petroglifos da Carrasca (foto, Paulo Troitiño).

[Foto de Paulo Troitiño]

Circula pola rede unha fotografía tomada nesta xornada no lugar onde se atopan os petroglifos catalogados da Carrasca. Os mesmos aos que se lles dedicou neste blogue o artigo titulado “Os petroglifos da Carrasca, en San Xulián“. E o motivo desta imaxe é unha tala de madeira realizada a escasos metros deste conxunto rupestre.

Aparentemente, os madeireiros descoñecían a presenza deste xacemento arqueóloxico e, ao ser advertidos da súa proximidade, a súa resposta foi que “de momento non ían talar” nesa zona. Resposta incrible, unha barbaridade, tendo en conta que calquera actuación na contorna de elementos do patrimonio prehistórico require supervisión arqueolóxica e autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.

Haberá que estar moi atentos á situación na que queda este espazo tralo paso das máquinas: se houbo danos nas laxes gravadas, se os restos de vexetación quedan recollidos ou permanecen ciscados como na fotografía acentuando o risco de incendio.

A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia é moi clara sobre as implicacións e as responsabilidades que se deriven dunha mala praxe, do deterioro ou da destrucción de elementos catalogados. E non só pon o acento na obriga dos propietarios dos terreos nos que se localizan estes Bens de Interese Cultural para preservar e conservar os xacementos; tamén extende esa repercusión ás Administracións públicas.

Artigo 25. Deber de conservar.

1. Os propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigados a conservalos, coidalos e protexelos debidamente para aseguraren a súa integridade e evitaren a súa perda, destrucción ou deterioración

2. Os poderes públicos garantirán a protección, a conservación e o enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia.

Artigo 32. Impacto ou efecto ambiental.

1. A Consellería de Cultura deberá ser informada dos plans, programas e proxectos, tanto públicos coma privados, que pola súa incidencia sobre o territorio poidan implicar risco de destrucción ou deterioración do patrimonio cultural de Galicia.

2. Para os efectos previstos no apartado anterior, a Consellería de Cultura deberá establecer aquelas medidas protectoras e correctoras que considere necesarias para a protección do patrimonio cultural de Galicia.

…Outro motivo para alertar o Concello de Marín das sucesivas e reiteradas agresións que está a sufrir o patrimonio arqueolóxico da parroquia de San Xulián: o proxecto do polígono industrial que invade as áreas de cautela dos petroglifos de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, o trazado da rede de abastecemento de auga de Acuaes…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: