Publicado por: MontePituco | 26/02/2014

CASO SARAMAGANTA: ALGUÉN VAI TER QUE DAR EXPLICACIÓNS NA XUNTA

Recursos ante as xefaturas autonómica e provincial de Conservación da Natureza.

…Alguén vai ter que dar explicacións serias e rigorosas nas xefaturas provincial e autonómica de Conservación da Natureza. Algún técnico de Medio Ambiente vai ter que responder pola súa falta de profesionalidade.

En DEFENDE O MONTE PITUCO non imos achicarnos ante ningún informe de ‘chichinabo’ negando a existencia de saramaganta rabilonga na área afectada polos proxectos de polígono contemplado no planeamento municipal e de área loxística prevista no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais.

Se aos (des)gobernantes lles molesta agora a presenza deste anfibio catalogado como Especie Vulnerable, que as Administracións local e autonómica se ateñan ás consecuencias por non ter estudado abondo a zona antes de espetarlle arbitrariamente esa dobre condena.

Expertos en fauna que visitaron o lugar no que habita esta colonia protexida teñen verificado que aí está, nun habitat sensible onde estas saramagantas desenvolven todo o seu ciclo vital, incluido a cría e a reprodución. Non imos consentir que nos neguen “la mayor” logo das probas gráficas aportadas por este colectivo e menos aínda despois da campaña da organización internacional Save the Salamanders para que se conserve o Monte Pituco no seu estado natural e non se cometa ningunha das agresións urbanísticas que se cernen sobre o futuro deste espazo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: