Publicado por: MontePituco | 24/01/2014

SEGUE A AMEAZA DOS MUÍÑOS EÓLICOS EN PEDRAS NEGRAS

Este xoves a prensa da bisbarra recollía que a empresa que tramita a instalación do parque eólico en Pedras Negras, nos Montes do Morrazo, non desiste do seu propósito. Ese mesmo día, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, que rexeita o proxecto, publicou un comunicado anunciando que seguirá poñéndollo difícil a Enel Green.

FARODEVIGO

Los promotores del parque eólico de Pedras Negras aseguran que sigue en tramitación

La empresa Enel Green Power está pendiente de informes de la Xunta de Galicia – Mantienen su interés en la instalación de molinos en Domaio

E.M.P. | Moaña, 24.01.2014

La empresa Enel Green Power España continúa con los trámites para la construcción del parque eólico Pedras Negras y que afecta a los municipios de Moaña, Marín y Vilaboa. Según fuentes de la compañía, el planteamiento está pendiente de informes que deberán ser elaborados desde la Xunta de Galicia, que precisamente ayer dio el visto bueno a la construcción de tres parques eólicos en la Comunidad Autónoma.

El proyecto para los montes de O Morrazo precisa del visto bueno de la Consellería de Industria, que debe contrastar la información ambiental, urbanística y técnica del plan. La eólica Enel Green Power presentó un anteproyecto que fue aprobado por la Xunta de Galicia en diciembre de 2010, donde también recibieron luz verde otros 91 anteproyectos.

La tramitación del proyecto eólico, que supondría la instalación de catorce aerogeneradores de 175 metros de altura en una superficie de 1.725 hectáreas, despertó un gran malestar entre los vecinos y colectivos de la comarca, que incluso organizaron rutas reivindicativas por las áreas donde se proyecta el parque para solicitar su retirada. Además de los molinos, también se prevé la instalaciones de dos torres meteorológicas y una subestación, donde se hará la transformación de energía eléctrica producida a una tensión de 20 kv a 66 kv.

Uno de los últimos requisitos que cumplió la tramitación del parque eólico que podría instalarse en los montes de O Morrazo fue la exposición pública de la autorización administrativa, la declaración de utilidad pública y necesidad de urgente ocupación con la relación de propietarios afectados, así como la aprobación del proyecto de ejecución, proyecto sectorial de incidencia supramunicipal de instalación eléctrica y el estudio ambiental.

Grandes protestas

Los colectivos ecologistas, políticos y sociales de la comarca exigieron la inmediata retirada de la declaración de utilidad pública del planteamiento al considerar que tiene un fuerte interés privado. Además, sostienen el enorme impacto ambiental que supondría la implantación del parque eólico, en el que se incluye la construcción de hasta 17 kilómetros de viales y el tránsito de vehículos pesados por un área de interés natural.

Los Concellos de Moaña, por unanimidad, y el de Marín, con la abstención del grupo de gobierno, del Partido Popular, mostraron su posicionamiento en contra del planteamiento.

Veciños presentando alegacións ao proxecto de instalación do parque eólico en Pedras Negras.

Posición da PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO sobre a tramitación do parque eólico de Pedras Negras

Diante da reactivación na tramitación por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Industria, dos parques eólicos do concurso eólico polo que se asignaron 2325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia, desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo queremos salientar:

Séguese a tramitar o citado concurso malia a súa manifesta insustentabilidade, rendibilidade económica e enerxética en áreas de media ou baixa potencialidade eólica (como a de Pedras Negras), onde o que segue primando é o negocio das empresas do sector eléctrico por enriba da protección ambiental, social e cultural, nun territorio onde existe excedencia de produción eléctrica, mesmo eólica, e onde unha grande parte da electricidade ademais se exporta.

O parque eólico de Pedras Negras, cunha asignación de 42 MW dentro dese concurso eólico galego, ademais de ter unha baixa rendibilidade eólica, afectaría o espazo natural dos Montes do Morrazo, catalogado como solo rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento provinciais, onde NON ESTÁN AUTORIZADOS OS USOS INDUSTRIAIS.

Este espazo conta con hábitats naturais, fauna e flora silvestre de interese, mesmo prioritarios a nivel europeo, facendo de corredor ecolóxico con varios nacementos fluviais dentro da conca que conforma o espazo natural protexido do LIC da Enseada de San Simón, de grande importancia como humidal, ornitolóxico e mariño.

O proxecto afectaría a paisaxe dunha península densamente poboada entre dúas rías, nun espazo costeiro dentro das Rías Baixas que, libre dos impactantes aeroxeradores desde o Salnés até o Baixo Miño, posúe varios espazos naturais protexidos e mesmo a presenza do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A nivel social e económico, verianse afectados manantiais de traídas de auga veciñais, monte comunal, espazos forestais e áreas recreativas. E a nivel cultural á área de protección de varios xacementos arqueolóxicos, en especial mámoas e petróglifos.

O parque eólico proxectado en Pedras Negras, de 14 aeroxeradores, forma parte dunha área de desenvolvemento eólico meirande a nivel comarcal que abrangue unhas 4300 has., ampliable no futuro a 21 aeroxeradores máis entre o Monte da Paralaia e arredores de Chan de Castiñeiras, cubrindo a totalidade das áreas máis altas do Morrazo a partir dos 400 metros de altitude.

O parque eólico de Pedras Negras mais a área de desenvolvemento eólico do Morrazo foron amplamente rexeitados a nivel social entre decembro e febreiro do 2013 con centos de alegacións individuais e colectivas, incluídas as desta plataforma e asociacións integradas, dentro da fase legal de información pública. E rexeitado así mesmo en pleno polas corporacións municipais dos tres concellos directamente afectados, Moaña, Marín e Vilaboa máis dos outros dous indirectamente afectados de Cangas e Bueu.

O Concello de Moaña alegou, a maiores a nivel técnico, que o parque eólico invadía a área de seguridade aérea do aeroporto de Peinador, condición do que a propia Xunta de Galicia di agora que de darse o caso negociaría coa empresa adxudicataria afectada a rescisión da asignación concedida.

Polo tanto, a persistencia da empresa Enel Green na tramitación do parque eólico non está absolutamente xustificada, e desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo só esperamos que a Consellería de Economía e Industria informe desfavorablemente e rexeite finalmente o proxecto do parque eólico mais a área eólica de desenvolvemento do Morrazo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: