Publicado por: MontePituco | 23/01/2014

UN ANO DESPOIS DA SANCIÓN, PERO O VERQUIDO SEGUE NAS PRESAS

Escrito presentado no Concello sobre o verquido contaminante nas Presas.

DEFENDE O MONTE PITUCO vén de retomar a iniciativa ante as Administracións para traballar a prol da mellora e da conservación deste espazo natural.

Entre as primeiras accións deste recén estreado 2014 figura o escrito presentado á Concellería de Medio Ambiente para denunciar a existencia dun verquido no lugar das Presas. Un verquido que leva máis dun ano botando raíces no monte, preto dun curso de auga que abastece o regadío de numerosas veigas.

…Fagamos historia. Porque pasaron tantos meses dende que apareceu este depósito de lixo, que xa vai collendo “solera”.

No verán de 2012 localizouse un verquido ilegal no lugar das Presas, na área do Monte Pituco. Nunha curva da pista que discurre paralela á variante, os autores desta infracción aproveitaron un terraplén para volcar caixas de cartón, plásticos, albaráns e documentos comerciais con datos de clientes dunha empresa, estruturas metálicas, rodas e outros refugallos contaminantes.

Con data do 7 de xaneiro de 2013, a alcaldesa María Ramallo, asinou un documento no que se daba conta da denuncia da Policía Local contra a empresa Galigru, radicada na Ramalleira, Bértola, como responsable dese verquido “de lixo e residuos (documentación, filtros de aire, plásticos, caixas, cartón…)”. A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, foi designada instrutora deste expediente sancionador, cuxa cuantía oscilaría entre os 1.500 e os 3.000 euros.

[Ver artigo titulado SANCIÓN POLO VERQUIDO DAS PRESAS, do 18 de xaneiro de 2013)

Verquido ilegal no lugar das Presas.

Verquido ilegal no lugar das Presas, no que se aprecia material da empresa Galigru.

[A[Agosto de 2012, na pista de servizo da Variante, á altura das Presas]

UN ANO DESPOIS de incoarse ese expediente sancionador, dito verquido non só non foi retirado, senón que a súa presenza xerou un “efecto chamada” para que outros desaprensivos sigan depositando neste punto máis refugallos, como se pode apreciar na imaxe que segue, tomada no mesmo lugar este pasado 19 de xaneiro, e na que se aprecia que a vexetación vai camiño de cubrir o lixo, “consolidando” o verquido cos efectos negativos que acarrea semellante foco contaminante.

Verquido nas Presas, xaneiro de 2014.

[Xaneiro de 2014, no mesmo lugar]

DEFENDE O MONTE PITUCO empraza a Concellería de Medio Ambiente a tomar medidas urxentes para que este verquido sexa erradicado inmediatamente, tendo en conta a cercanía, a poucos metros dese vertedoiro de lixo, cunha captación de auga procedente dun manancial natural, que abastece as fincas de regadío próximas aos núcleos de Pena, Caeiro, Bouza e aledaños. Trátase, por tanto, dunha cuestión de calado ambiental e mesmo sanitario.

DEFENDE O MONTE PITUCO insta a Concellería de Medio Ambiente a proceder pola súa conta á retirada deses residuos, a encomendarlle a súa recollida á Comunidade de Montes de San Xulián como propietaria dos terreos, a asignarlle dita obriga á empresa sancionada por semellante infracción ou, na súa ausencia, aos responsables subsidiarios da mesma.

Transcorreu un ano dende que se comunica publicamente a sanción e ano e medio dende que foi localizado, pero o problema non ten visos de solución. O verquido “enquistouse”, algo inadmisible, dadas as circunstancias. Por iso DEFENDE O MONTE PITUCO optou por dirixirse ao Concello. Se a petición caera en saco roto, o próximo será acudir ao Seprona ou á Policía Autonómica para denunciar novamente este caso.


Responses

  1. […] de verquidos en espazos sensibles asociados á presenza de cursos de auga, como aconteceu no regato das Presas. Como naquela ocasión, DEFENDE O MONTE PITUCO porá os feitos en coñecemento das autoridades e da […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: