Publicado por: MontePituco | 14/01/2014

MONTES DO MORRAZO DENUNCIA EN EUROPA A SITUACIÓN DOS CABALOS CON PEXAS

Comunicado da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo:

Máis cabalos con pexas nos Montes do Morrazo

http://defendeomorrazo.files.wordpress.com/2014/01/cabalo-con-choca-e-pexa.jpg

Malia existir unha lexislación específica (Directiva 98/58/CE relativa á protección dos animais en explotacións gandeiras e R.D. 348/2000, de 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordeamento xurídico estatal a antedita Directiva), múltiples denuncias cidadás e colectivas dende hai anos a nivel administrativo e mesmo xudicial na Fiscalía, que o 11 de abril de 2013 o Parlamento galego aprobou unha Proposición non de Lei instando á Xunta de Galicia á identificación e adopción de medidas urxentes en contra da utilización das pexas nos cabalos, e mesmo a presentación -o pasado 23 de xullo de 2013- dun escrito en representación desta Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo na Delegación Territorial da Consellería de Medio Rural e Mar en Pontevedra onde se solicitaba “A presenza de Inspectores/as Veterinarios/as dependentes do Servizo de Gandería desta Consellaría de Medio Rural e do Mar coa colaboración do SEPRONA para a identificación, retirada e apertura do correspondente expediente sancionador pola utilización de pexas, cordas ou cadeas nas patas de cabalos en réxime de gandería extensiva nos espazos naturais dos Montes do Morrazo e Carballal de Coiro, xunto coa obriga de identificalos co correspondente microchip que aseguren por unha parte a legal e efectiva erradicación desas prácticas ilegais e por outra a responsabilidade dos/as propietarios/as e compensación económica en caso de danos dos cabalos a cultivos agrícolas ou forestais ou por accidentes viarios para que non redunden nun maior perxuízo animal”, a práctica das pexas nas patas dos cabalos sigue existindo e xeralizado no espazo natural dos Montes do Morrazo e proba delo son as fotografías que adxuntamos dun cabalo adulto máis dun poldro (cunha pexa de menores dimensións) afectados por esta práctica cruel e ilegal de tortura animal, atopados o pasado sábado 11 de xaneiro de 2014 no lugar de Pedras Negras a carón do Monte Gagán, limítrofe entre os montes da parroquia de Domaio (Moaña) e San Adrián (Vilaboa).

Naquel escrito presentado á Delegación Territorial da Consellería de Medio Rural e Mar en Pontevedra xa expoñiamos a ese ente dependente da Xunta de Galicia que as actuacións de soltas de cabalos levadas a cabo pola Agrupación Local de Protección Civil do Concello de Marín nos montes deste concello antollábanse insuficientes xa que adoecían de autoridade, e porque non son aplicábeis exclusivamente ao concello de Marín, senón tamén aos concellos de Vilaboa, Moaña e Bueu, ao ser municipios así mesmo afectados pola utilización da pexas en cabalos.

Como sospeitabamos, tampouco foron ao final suficientes as actuacións levadas a cabo por Protección Civil nese concello pois, recentemente, voltáronse atopar cabalos con pexas e cordas nos arredores do parque forestal e recreativo da lagoa de Castiñeiras, e tal como denunciaramos públicamente en xullo do verán pasado, esas prácticas prodúcense todo o ano e posiblemente pararon no verán porque hai máis persoas que nesa época visitan os montes e polo tanto tamén denuncian, e por outra parte, porque tamén supoñen unha mala imaxe para o turismo vido de fóra até aquí nesas datas.

Ante a persistencia e uso xeralizado de pexas e cordas en cabalos nos Montes do Morrazo por parte de propietarios/as en réxime de gandeiría extensiva, máis a inacción cómplice e a deixadez de funcións continuada por parte das Administraccións públicas con competencias, en especial a Consellería de Medio Rural e Mar, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vai denunciar os feitos na Comisión Europea por incumprimento da Directiva 98/58/CE relativa á protección dos animais en explotacións gandeiras e do R.D. 348/2000, de 10 de marzo, polo que se incorpora a dita Directiva ao ordeamento xurídico estatal, e que en base a que a Xunta de Galicia está recibir axudas económicas europeas a nivel gandeiro contempladas ao abeiro do Regulamento 2078/92/CEE, proceda a abrirlle unha inspección e o correspondiente expediente sancionador, instándolle así mesmo a que proceda ao cumprimento estricto da lexislación europea e estatal, abolindo e prohibindo de xeito taxante a práctica das pexas e cordas nas patas do gando cabalar en réxime de gandeiría extensiva no territorio galego e por extensión no espazo natural dos Montes do Morrazo.

http://defendeomorrazo.files.wordpress.com/2014/01/poldro-con-pexa.jpg

A nova aparece recollida nos principais xornais de ámbito local:

Faro de Vigo: “Defensa dos Montes do Morrazo denunciará a la Xunta por incumplir la ley que impide usar cepos en caballos“.

Diario de Pontevedra: “Defensa dos Montes do Morrazo denunciará á Xunta por incumprir a lei que impide usar cepos en cabalos“.

La Voz de Galicia: “Los ecologistas llevan ante Europa el problema de los cepos en los caballos de O Morrazo“.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: