Publicado por: MontePituco | 13/01/2014

PLENO DE XANEIRO 2014 (I)

* MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE TRÁFICO

Cos votos a favor do PP aprobouse unha modificación da ordenanza de tráfico que amplía o horario de carga e descarga 2 horas pola tarde.

Muradas criticou que, co PP no goberno local, “non hay ordenanza que llegue al año, están rectificando permanentemente”. Para xustificar que o Psoe íase abster, e para alivio de todos, anunciou que o seu grupo non ía facer “batalla” con este tema. E, anticipando un asunto que viría ao final con certa polémica, engadiu: “Esperamos que publiquen lo aprobado en el pleno, no otra redacción distinta”.

Tamén se abstería o Bng, que se queixou de que, por riba de non cumprirse o que se aprobara na ordenanza inicial, “hai rapaces que están a ser multados por patinar e andar en bici”. E que así como alegaran hai un ano, volverían alegar tamén nesta ocasión.

Isabel Martínez Epifanio, de Mar-In, foi a única que se posicionou en contra da modificación: “A ordenanza viu a comisión 4 veces e esta modificación cambia a filosofía da ordenanza que se consensuou”. A voceira independente atribuiulle esta modificación a “unha tintorería e un supermercado” e rematou a súa primeira intervención amosando a súa preocupación porque “o tema da excepcionalidade acabe sendo norma”.

O concelleiro de Tráfico, Estévez Salazar, defendeuse dicindo que o PP goberna “para los ciudadanos de Marín y para solucionar sus inquietudes” e que por iso “rectificar es de sabios”.

Na segunda parte do debate, Muradas seguiu criticando que os populares cambien algo con “cada queja que viene, que ni siquiera son escritas” e recomendoulles ser “más serios”, agarrándose a que “una ordenanza tiene una exposición pública para alegar”. Á vista de como actúa o seu partido, nin con queixas verbais nin por escrito o Psoe vai atender as demandas de quen lles presente calquera demanda contraria aos seus plans. De nada servirán tampouco alegacións que acabarán ignorando ou contestando con algunha excusa. E para mostra, as alegacións dos colectivos que se opuxeron ao polígono no Pornedo e os numerosos escritos que Defende o Monte Pituco lle enviou ao anterior alcalde, sen resposta. As palabras de Muradas, por tanto, son florituras fatuas.

“Menos mal que non lle pediron que quite a peonalización”, engadiu Vilaboa en ton irónico, que instou o Pp a “crer na peonalización”.

Mar-In lembroulle aos populares que estando “na oposición apoiaron o Plan Arela, que xa incluía a peonalización” e insistiu tamén en que “ningún comercio alegou cando estivo en exposición pública”. Como se os afectados pola ordenanza tiveran que ser adivinos e prever por anticipado os efectos da aplicación dunha normativa, por moi por escrito que estivera.

Estévez Salazar pechou o turno insistindo en que “si en algo se va a poder mejorar la situación de los que viven en esa zona, por qué no”.

Ao pouco de comezar a sesión, chegaron ao pleno unha ducia de integrantes do Movemento Veciñal a prol dos Bens Comúns, que se concentraron entre o público con carteis con distintos lemas contra o copago sanitario, contra os recortes en materia educativa e social, e reclamando a volta do servizo de ambulancias as 24 horas. Este colectivo volverá en próximos plenos para facer visibles as súas demandas durante varios minutos e seguir a evolución dos debates.

Faro de Vigo: “El Pleno aprueba la ampliación a las tardes de la zona de carga y descarga“.

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: