Levamos tempo dando conta neste blogue da recuperación da actividade agrogandeira no val do Pituco. A recollida de toxo e de fento é unha acción cada vez máis frecuente entre a veciñanza para aprovisionar os cortellos e os alpendres de esquilmo. Cada semana aparecen novas “calvas” no terreo, o que significa que o monte vai recuperando o seu uso tradicional, que dun tempo a esta parte parecía terse perdido.
“Os aproveitamentos que eran fundamentais no pasado, hoxe en día son marxinais. En concreto, o aproveitamento agrícola do monte é case inexistente así como a recollida de esquilmos. En calquera caso, é bastante lóxico que estes aproveitamentos se manteñan hoxe de forma residual, probablemente relacionados coa extensión da agricultura a tempo parcial”.
Fragmento de PANORÁMICA ACTUAL DOS MONTES DE VECIÑOS EN GALICIA: Grupo de Estudo da Propiedade Comunal. Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), Universidade de Santiago de Compostela. 1997.
Deixar unha resposta