Pobre Ofelia
cristalizada estás no sangue da loucura
e gardas baixo as unllas a carne do covarde,
como un berro atroz que nos convoca.
Os teus ósos,
espadas de cristal
contra a fame caníval
de posuírnos,
de beber a nosa alma,
zugarnos a vontade,
dobregarnos ao río do delirio.
Ofelia,
pequena Ofelia
non se sacia a sede do covarde.
Marta Dacosta: Non é amor (“Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero”, 2006).
Publicado por: MontePituco | 25/11/2013
25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Pensamentos
Deixar unha resposta