Publicado por: MontePituco | 23/09/2013

QUEIXAS POLO MAL ESTADO DA LAGOA DE CASTIÑEIRAS (II)

O aspecto do contorno da lagoa de Castiñeiras evidencia o paso -e peso- do tempo: nos valados de madeira os troncos están gastados, rotos ou faltan algúns treitos que non foron repostos; a vexetación cobre os paneis informativos, algúns dos cales están apodrecidos; hai enormes troncos de madeira talados e abandoados ao redor do antigo refuxio de animais. En canto á lagoa, hai anos que se vén comentando a progresiva perda de auga na tempada estival a causa de posibles filtracións; se a iso se engade a intensa sequía deste verán e o aproveitamento que puideron facer os medios aéreos de extinción de incendios da pouca auga que quedaba, é “comprensible” que o nivel sexa mínimo e os patos non teñan máis que unhas poucas cuartas de auga para poñerse a remollo. Aínda así, son moitas as visitas que recibe: familias que van xantar, pasar a xornada, coñecer o patrimonio arqueolóxico que rodea a contorna. Precisamente porque se trata dun espazo público, un dos pulmóns verdes da bisbarra, merece que as partes implicadas na súa conservación non se crucen de brazos e fagan todo o posible por poñer ao día o mantemento das deficiencias existentes e por garantir a súa conservación futura.

Nivel mínimo de auga na lagoa.

Nivel mínimo de auga na lagoa.

No acceso á estrada interior de Castiñeiras.

Os valados de madeira, en mal estado.

Os valados de madeira, en mal estado.

Os valados de madeira, en mal estado.

Fonte en desuso.

Panel informativo semicuberto de restos vexetais.

Árbores taladas, abandonadas en Castiñeiras.

A maleza invade diversos espazos de Castiñeiras.

A maleza invade diversos espazos de Castiñeiras.

Máis signos da sequía no regato que conduce á lagoa de Castiñeiras.

Sinalizadores deteriorados.

A lagoa de Castiñeiras, en setembro.


Responses

  1. […] -Queixas polo mal estado da Lagoa de Castiñeiras (II) (23 setembro 2013) […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: