Publicado por: MontePituco | 04/09/2013

CABALOS LIBERADOS

Cabalo cos restos dunha corda na pata dianteira.

Hai uns días chegou ao Alto do Pornedo un grupo de cabalos que estiveron pacendo nos matos da zona de Lourizán e mais no descampado do val, onde teñen alimento abundante. Foi unha grata sorpresa comprobar, ao achegarnos, que ningún deles tiña pexas, cordas curtas nin cadeas oxidadas atándolles cruelmente as patas. Máis sorprendente foi verificar que un deles levaba, nunha das patas dianteiras, os restos dunha corda atada arredor do pezuño. Probablemente este equino sexa un dos afortunados da campaña de Protección Civil de Marín, que leva un tempo liberando os animais que malviven polos montes próximos portando semellantes instrumentos de tortura.

Este cabalo, concretamente, resultábanos estrañamente familiar. O seu aspecto acastañado e cunha mancha branca na testa é moi común e semellante á doutros equinos, pero seu comportamento non era fuxidío, como soe actuar o gando mostrenco do monte. Pola contra, resultaba accesible e amistoso. Tal vez sexa algún dos cabalos fotografados pola cámara de DEFENDE O MONTE PITUCO, no empeño deste colectivo veciñal por denunciar estes casos de maltrato.

Coa pelaxe vizosa e cun aspecto saudable a pesar das moscas que lle revoaban arredor naquela tarde calurosa, o noso inesperado amigo cuadrúpedo parecía expresar canto gozaba dunha nova vida, libre para desprazarse sen perigosas ataduras. Fora a alma un cristián…

Cómpre que o Concello de Marín apoie a esta agrupación de Protección Civil. Que as temibles tesoiras dos recortes non mermen os xa de por si axustados e precarios recursos económicos que permiten a actuación destes voluntarios. Descoñecemos a súa eficacia noutros ámbitos no amplo abano das emerxencias; mais, sen dúbida, a iniciativa de adicar unha parte do seu tempo a percorrer os montes marinenses, a atender as chamadas dos cidadáns alertando da presenza de cabalos con pexas, e a intentar zafalos da condea que lles inflixen de xeito ilegal e impune os seus irresponsables propietarios, merece o aplauso, o recoñecemento e a solidariedade da cidadanía e das institucións. Ogallá outras agrupacións de Protección Civil se sumaran a esta acción valente, superando as ameazas dos maltratadores destes cabalos ‘silvestres’, agredidos na súa integridade e na súa supervivencia.

Dende o Monte Pituco, grazas e avante.

Grupo de cabalos pacendo no Pornedo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: