Publicado por: MontePituco | 31/03/2013

O PROXECTO 7CAMIÑOS, NAS XORNADAS DE PATRIMONIO DE QGM

I Xornadas para a Defensa e Valorización do Patrimonio de Queremos Galego Marín.

As I Xornadas para a Defensa e Valorización do Patrimonio que organiza Queremos Galego Marín neste mes de abril van contar con dúas actividades relacionadas co proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: a presentación do documental “Sete Camiños, encrucillada o tempo”, o venres 26 ás 20 horas na Biblioteca Municipal, e un roteiro ata o Espazo Sete Camiños para ver os petróglifos do Pornedo raiando o solpor e despedir a xornada no miradoiro natural dende o que se contempla a ría.

Unha das ameazas que comprometen a posibilidade de crear o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é o proxecto do Concello de Marín de construir un polígono industrial no Monte Pornedo; unha infraestrutura incompatible coa conservación deste enclave pertencente aos Montes do Morrazo, catalogados como Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento.

…POLÍGONO no Pornedo e nos Sete Camiños, NON!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: