
que intenso aroma a resina dos pinos,
cisco, arume amado;
arrecende a fieita seca e a terra:
(terra negra do monte).
atisbo na neboa:
un mar de fadas
correndo na espesura
deste lar nas estrelas…
verde paraiso celta
de orballos infinitos
-val de bágoasxeada,
neboa, pastasmas.
Óscar de Souto: “Máis alá de min”



Grazas por compartir con nós estes poemas tan fermosos
By: pasaba por aquí on 22/11/2012
at 19:44
Grazas a ti, por aprecialos. Son un agasallo amable para quen sabe apreciar a literatura. Porque non todo vai ser protestar. E de paso, probar a ver se fora certo de que tamén a poesía amansa as “feras”.
Saúdos.
By: MontePituco on 23/11/2012
at 00:08