Publicado por: MontePituco | 22/11/2012

BENFEITA? …DESFEITA!

Quen non lembra unha campaña publicitaria da Xunta co lema “Coida Galicia”, aló por xaneiro de 2011? Dela deramos conta no blogue DEFENDE O MONTE PORNEDO cun artigo titulado “Coida Galicia, ou destrúe Galicia?”. Porque diso parece tratarse: facer por detrás todo o contrario do que por diante se anuncia. Queda moi ben, pero as contradicións acaban pasando factura, sobre cando incorren na agravante da reincidencia.

“Paisaxe galega, unha tarefa de todos” é unha consigna amable, bucólica.

“O porvir de Galicia faise agora. Porque a nosa paisaxe, as nosas casas, as nosas rúas e negocios son o reflexo do noso futuro. Coida do teu. Dálle valor”.

…Precioso! Pero, saben? Os montes están cheos de escombreiras ilegais, de construccións consentidas sen cumprir o máis mínimo requisito administrativo, de infraestruturas absolutamente agresivas coa contorna e sobre todo, prescindibles. Cáusase dano a mantenta, apelando a un suposto interese público cando o cerne da cuestión é a satisfacción da economía particular dalgo ou dalguén, cando non o seu propio ego.

E aínda que poidan parecer evidentes, cómpre apuntar só unha mínima lista das que poden ser as agresións máis “cotiás”, para ilustrar e quitar da ignorancia a quen non pisou o monte na súa vida, que habel@s hail@s.

O Monte Pornedo non é alleo á presenza de verquidos, nin cortellos perdidos no medio da nada, nin viais trazados por patos mareados a cambio de compensacións turbias. E por riba, quérennos convencer de que a instalación dun polígono industrial é a guinda do pastel, a solución a todos problemas.

O Monte Pornedo podería ser esa paisaxe da foto titulada coa palabra “Desfeita”: en plena fachada dunha ría, inscrito nun espazo natural, a certa altura dende o nivel do mar… Non é que un paisano calquera pretenda construir un galpón; é que a propia Administración é a que, nun exercicio de cinismo e hipocresía, co aplauso dunha comparsa de aduladores e estómagos agradecidos, VAI EXECUTAR unha obra co aval dun Planeamento que ataca de raíz eses principios que supostamente tanto se encumbran nestas campañas panfletarias a golpe de diñeiro público: paisaxe, medio ambiente, patrimonio, cultura, futuro.

Nin coidar, nin dar valor, é o que, entre Xunta, Concello e demais satélites, farán coa riqueza natural e histórica do Monte Pornedo. Para maior gloria do seu ansiado polígono.

…Cemento nas neuronas, asfalto nas veas é o que teñen os promotores desta barbaridade…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: