Publicado por: MontePituco | 31/07/2012

O RECHEO DE TERRA A CARÓN DA VARIANTE

O monte veciñal de San Xulián é o mártir dos dimes e diretes sobre o polígono industrial, dos verquidos ilegais, e tamén dos recheos de terra. “Tragou” a Comunidade de montes cun aterramento que acabou coa carballeira que unía os lugares do Caeiro e da Pena e converteu o espazo nun enorme talude cuberto de codesos, silvas e xestas. A cambio dun bo puñado de cartos -onde van!- e dunha área recreativa feita con pésimo gusto que os vándalos se encargaron de destrozar impunemente, a Comunidade de (des)montes tamén consentiu que se verqueran toneladas de terra enriba dun gravado rupestre que agora mesmo podía estar catalogado.

A continuación das obras da Variante deu lugar -supostamente por esta causa- outra vez ao verquido dun novo recheo que, nesta ocasión, se atopa por detrás da área de descanso situada na estrada Marín-Figueirido. Aprécianse mellor as dimensións desta mole de terra dende a pista que baixa cara ao Casal, Laxe e Arealonga. Ou mesmo ao pé do propio verquido, ao que se accede pola beira do vial, en fronte ao acceso da Variante.

Cabe preguntarse se, efectivamente, este depósito procede dos desmontes a que deron lugar as obras da Variante ata Pontevedra ou se a orixe da terra é outra. Que organismo autorizou que fora este o emprazamento do verquido. Con que medidas de seguridade se traballou para evitar o corremento das terras en caso dun temporal. Se houbo algún estudo de impacto que garanta a ausencia de afección ambiental. Se hai algunha previsión de actuación posterior que permita acondicionar este espazo para o seu aproveitamento. Ou en caso negativo, cal sería o procedemento para evitar o acceso de vehículos ou persoas en previsión de calquera incidencia.

A ver se algún destes interrogantes recibe resposta.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: