Publicado por: MontePituco | 11/06/2012

AS DÉBEDAS DO CONCELLO DE MARÍN

DEFENDE O MONTE PITUCO aparca por un día a súa habitual liña argumental, a prol da defensa do monte común e da conservación do patrimonio natural, histórico e cultural deste espazo, para adicarlle esta fiestra a unha reportaxe de Carmen Villar publicada no diario Faro de Vigo co titular “Agarra el dinero… y aguanta”, sobre a precaria situación que atravesan empresarios de toda Galicia asfixiados polos impagos das Administracións Locais. Entre eles atópase a responsable dunha empresa de artes gráficas radicada en Marín. A Tania Amado, da Imprenta Logo Tif, o Concello adebédalle varias facturas de febreiro de 2010 e a afectada alude a unha cantidade de 3.000 euros máis IVA, que marcou o principio do afundimento do seu negocio ata o punto de ter que prescindir do seu único empregado. “Non podo sobrevivir sen o diñeiro desa factura”, lamentou Tania Amado, que confía na efectividade do plan gubernamental que permitirá que 179 concellos galegos -entre eles o marinense- poidan poñerse ao día cos seus sufridos e resignados proveedores.

A reflexión é ben simple; basta sacarlle algo de lustre á memoria. Non queda tan lonxe a expresión que fora acuñada na pasada lexislatura pola anterior concelleira de Facenda -quen lembra o seu nome, do desapercibida que pasou?- para dicir que os orzamentos municipais non ían nin para adiante nin para atrás porque estaban en “stand-by”. E mentres, os pequenos e medianos comerciantes, a velas vir, agardando que o Goberno municipal dispuxera as partidas necesarias para xestionar as necesidades da vila.

 


Responses

  1. O despilfarro de cartos do bipartito foi de tal magnitude que é imposible describilo e que a xente nos crea.
    Debíanlle cartos a tendas de electrodomésticos, onde entraba a concelleira de Asuntos Sociales e compraba fornos microondas, drigoríficos e cociñas portatiles para os famosos cursos de cociña, debian nas copisterías, nas librarías, nos talleres mecánicos, telefónica cortou varias veces a conexión con Internet na Biblioteca por falta de pago, debían nas ferreterías, nos restaurantes, unha empresa de atención na casa ás personas maiores estuvo a piques de pechar porque lle debían casi 40.000 Euros. etc etc etc.

    E menos mal que, grazas á presión da opinión pública non chegaron a comprar o coche oficial que quería o concelleiro do bigote: Un Audi A4 carísimo.
    Pero había algúns que cobraban puntualísimamente: os amigos do alcalde e da Concelleira de Asuntos Sociais. Parece que as facturas deses non pasaban polos mesmos canles que as dos demais acreedores.

    Ainda hoxe, pleno tras pleno, podemos escoitar cómo os anteriores gobernantes berran unha e outra vez que deixaron as contas saneadas e que o Concello non precisa pedir un crédito para pagar facturas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: