Publicado por: MontePituco | 05/07/2011

PEDINDO A LÚA

(Fragmento da entrevista a María Ramallo publicada o 27 de febreiro de 2011 no Faro de Vigo)

Alguén nos criticou por pedir unha entrevista coa alcaldesa de Marín ao pé do mesmo Monte Pituco, pisando a mesma terra, os mesmos fentos, os mesmos toxos e as mesmas pedras sobre os que pende a espada (política) de Damocles. Alguén nos criticou por exercer un dereito cidadán tan sagrado como pedir audiencia, como se reclamar a atención dos gobernantes para expoñer un problema cidadán fora un síntoma de amiguismo. Alguén nos criticou por actuar con inxenuidade, como se obrigatoriamente houbera que andar pola vida actuando coma “botados p’adiante” a golpe de garrote.

No limiar que escribiu Jean-Paul Sartre para a reedición en 1960 do libro “Aden Arabie” de Paul Nizan, o escritor e filósofo parisino atribúelle ao seu condiscípulo unha frase ben interesante e acaída para a ocasión:

“Non arrubiedes [non vos avergoñedes] por querer a lúa: fainos falta”.

…Acaso o mesmísimo Rafael Louzán non estivo esta semana aloitando as bestas no curro de Sabucedo? En mangas de camisa! Por que unha alcaldesa, ou un conselleiro, non van patear un monte? Tanto lles “rebaixa” deixar por un momento a moqueta ou a baldosa dos seus despachos?

ARTIGOS ANTERIORES:

O PP DE MARÍN SOBRE O POLÍGONO NO PITUCO (23 de marzo de 2011)

ALGUÉN MENTE (15 de marzo de 2011)

CARTA DO IGVS SOBRE O CHAN INDUSTRIAL (9 de marzo de 2011)


Responses

  1. o 29 de xullo, gustaríame estar convosco e con Xan Montenegro, como muller do Morrazo e da súa xeración…Compartimos un tempo de loita, de franca e leda xuventude.

    • Os veciños do Monte Pituco e da parroquia de San Xulián que respectamos e queremos a Xan estaremos aí, por suposto, sumándonos aos actos de homenaxe. O próximo 18 de xullo na Casa da Cultura de Seixo haberá unha nova xuntanza de coordinación, por se queres asistir a título individual ou colectivo, e participar tamén nesta iniciativa.
      Saúdos e grazas por visitar o blogue.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: