Publicado por: MontePituco | 07/06/2011

CONTRA O MALTRATO ANIMAL

“…Non mirar para outro lado”. Eis a mensaxe dunha persoa que visitaba en días pasados o Monte Pornedo e contactaba con Defende o Monte Pituco para transmitir o seu pesar, a súa impotencia, tal vez tamén a súa frustración e o seu lóxico enfado, ante unha realidade absolutamente reprobable que xa se ten exposto reiteradamente nesta mesma páxina: a crueldade dos propietarios de cabalos que limitan a mobilidade deste gando ceibe poñéndolles pexas e trancas nas patas, ou calquesquer outros artiluxios de tortura que poñen en serio risco a súa seguridade e integridade física.

Denunciouse esta situación ante o Seprona, ante a Xunta e mesmo se lle notificou por escrito á Comunidade de Montes de San Xulián. Dende logo, persiste esta práctica infame, vergoñenta e criminal que deberiamos combater entre todos.

O blog de Defende o Monte Pituco ofrécese a todos os visitantes para canalizar todas as queixas -que serían debidamente contrastadas- contra as agresións que lle afecten á natureza, á flora ou á fauna que habita no monte, provocadas impune e cobardemente por parte de individuos insensibles e sen escrúpulos que carecen da máis mínima cultura, á vista do que son capaces de facer.

Ogallá algún día non moi lonxano, en vez de actuar como altofalantes da protesta e da denuncia, poidamos facernos eco de boas noticias e de accións que nos enorgullecen. Mais o primeiro é o primeiro: “Non mirar para outro lado” ante a barbarie e a inxustiza.

En La Voz de Galicia (4 de xuño de 2011): “La Fiscalía exige que se identifique a los dueños de los caballos con trancas“.

En Faro de Vigo: “La Fiscalía imputará delitos castigados con prisión a quien coloque cepos a los caballos“.


Responses

  1. Eu o tema este de dos cabalos abandonados no monte cunha tranca na perna tenme superada.
    É que non entendo para que quere esta xente ter un cabalo.
    Non me cabe na cabeza que o seres humanos poidan facer estas cousas…non

    • Maltrántase animais indefensos pola mesma razón que se tiran escombros no monte, pola mesma razón que se prende lume nunha matogueira, pola mesma razón que se destroza o patrimonio histórico, pola mesma razón que se comete fraude co ben común, que se rouba e que se chanchullea. A “ignorancia”, a falta de escrúpulos e o desdén absoluto pola palabra “principios”.

  2. MALTRATO ANIMAL, MALTRATO PERSONAL

    Permíteme el atrevimiento de utilizar tu casa para retomar la frase final, esa que aun no teniendo que ver con el maltrato animal -al que antaño alguien bajo el seudónimo de Librealbedrío, y a colación de otro tema relacionado con el deterioro de nuestros montes, hizo eco de esa situación en estas páginas.
    Pues bien, dicho esto, me detengo y retomo esa reflexión de tu propia cosecha:

    “A “ignorancia”, a falta de escrúpulos e o desdén absoluto pola palabra “principios”.”

    Afinando todavía más “Principios”
    En base a los últimos acontecimientos vividos no puedo evadir reflexionar sobre ese concepto y concluyo.
    Largas páginas vertidas, ríos de tinta, un best-seller….
    ¿Qué crédito y valor le concedemos cuando se vulnera el principio de honradez, amistad, creencias….?

  3. Esperemos ir dando pasos, que esto suponga un avance…

    http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/06/19/temos-informes-as-pexas-causan-enorme-sufrimento-aos-cabalos/555706.html


Deixa unha resposta a incondicional Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: