Publicado por: MontePituco | 06/06/2011

INTOLERABLE: MÁIS VERQUIDOS ILEGAIS

En abril parecía que a Comunidade de Montes de San Xulián empezaba a “poñerse as pilas” no que respectaba ao adecentamento de determinadas zonas do monte que presentaban evidentes deficiencias no seu estado: aplaudímoslle daquela a limpeza da maleza e do lixo que había na área de descanso situada a carón da estrada de Figueirido e tamén que se eliminaran diversos verquidos incontrolados en distintos puntos do Pornedo. Lamentablemente, os aplausos foron un exceso de entusiasmo e de xenerosidade pola nosa parte, un espellismo pasaxeiro, un xesto que a Comunidade de Montes se viu na obriga de facer ante o “toque” imposto dende altas esferas do poder ante denuncias como as de DEFENDE O MONTE PITUCO, pero que non tiña trazas de continuidade, como demostran as imaxes.

Un mes despois, e ante a ausencia da sinalización oportuna que prohiba as verteduras de lixo, de cascotes, de plásticos, ou de calesquer escombros, o monte volve presentar montonciños por aquí e acolá: uralitas, restos de madeira, terra de procedencia descoñecida e sospeitosa, tixolos esnaquizados, moiteiro e poliuretano altamente contaminantes en sitios tan inoportunos como nas proximidades de acuíferos… Unha vergoña, tanto por parte dos cobardes que non teñen educación abondo para desfacerse dese material no punto limpo axeitado, como por parte da Comunidade de Montes que xestiona os terreos afectados por estes verquidos ilegais e que nin sequera se entera da súa existencia nin actúa con prontitude para retiralos.

Por suposto, o Seprona e os departamentos competentes da Xunta terán noticia inmediatamente destas novas agresións contra o Monte Pornedo. Por suposto, DEFENDE O MONTE PITUCO seguirá reivindicando que a Comunidade de Montes asuma as súas responsabilidades e as súas obrigas na correcta conservación do territorio, comezando pola sinalización dos gravados rupestres que aínda seguen expostos á acción dos bárbaros, seguindo pola sinalización dos espazos restrinxidos á circulación de vehículos motorizados, e rematando pola sinalización dos puntos nos que sistematicamente os desaprensivos volcan os seus tractores e gabetas cheos de desperdicios.

Sancións para os infractores e para os seus cómplices pola permisividade!

Urxe, pois, que a propia veciñanza e a cidadanía en xeral lle dea unha lección de civismo a esta “xente” incivilizada. O verán pasado non puido ser, pero quen está á fronte -en funcións, ata o día 11- da Concellería de Medio Ambiente, comprometera a colaboración do Concello na organización dunha acción de voluntariado encamiñada a adecentar os puntos febles afectados pola presenza de escombros, maleza e lixo. A falta de saber se os novos responsables municipais de Medio Ambiente van manter ese apoio cando comecen a asumir as súas funcións, dende o blog do Monte Pituco vaise comezar a recabar apoios de colectivos ou persoas a título individual que se queiran sumar a esa acción colectiva e solidaria.

…Con un sen axuda institucional. Polo pracer de poder pasear por un monte limpo. Interesados/as, contactar por correo electrónico. Grazas.


Responses

  1. […] -Intolerable: máis verquidos ilegais (6 de xuño de 2011) […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: