“…Non mirar para outro lado”. Eis a mensaxe dunha persoa que visitaba en días pasados o Monte Pornedo e contactaba con Defende o Monte Pituco para transmitir o seu pesar, a súa impotencia, tal vez tamén a súa frustración e o seu lóxico enfado, ante unha realidade absolutamente reprobable que xa se ten exposto reiteradamente nesta mesma páxina: a crueldade dos propietarios de cabalos que limitan a mobilidade deste gando ceibe poñéndolles pexas e trancas nas patas, ou calquesquer outros artiluxios de tortura que poñen en serio risco a súa seguridade e integridade física.
Denunciouse esta situación ante o Seprona, ante a Xunta e mesmo se lle notificou por escrito á Comunidade de Montes de San Xulián. Dende logo, persiste esta práctica infame, vergoñenta e criminal que deberiamos combater entre todos.
O blog de Defende o Monte Pituco ofrécese a todos os visitantes para canalizar todas as queixas -que serían debidamente contrastadas- contra as agresións que lle afecten á natureza, á flora ou á fauna que habita no monte, provocadas impune e cobardemente por parte de individuos insensibles e sen escrúpulos que carecen da máis mínima cultura, á vista do que son capaces de facer.
Ogallá algún día non moi lonxano, en vez de actuar como altofalantes da protesta e da denuncia, poidamos facernos eco de boas noticias e de accións que nos enorgullecen. Mais o primeiro é o primeiro: “Non mirar para outro lado” ante a barbarie e a inxustiza.
En La Voz de Galicia (4 de xuño de 2011): “La Fiscalía exige que se identifique a los dueños de los caballos con trancas“.
En Faro de Vigo: “La Fiscalía imputará delitos castigados con prisión a quien coloque cepos a los caballos“.
Eu o tema este de dos cabalos abandonados no monte cunha tranca na perna tenme superada.
É que non entendo para que quere esta xente ter un cabalo.
Non me cabe na cabeza que o seres humanos poidan facer estas cousas…non
By: Pasaba por aquí... on 09/06/2011
at 19:51
Maltrántase animais indefensos pola mesma razón que se tiran escombros no monte, pola mesma razón que se prende lume nunha matogueira, pola mesma razón que se destroza o patrimonio histórico, pola mesma razón que se comete fraude co ben común, que se rouba e que se chanchullea. A “ignorancia”, a falta de escrúpulos e o desdén absoluto pola palabra “principios”.
By: MontePituco on 09/06/2011
at 20:37
MALTRATO ANIMAL, MALTRATO PERSONAL
Permíteme el atrevimiento de utilizar tu casa para retomar la frase final, esa que aun no teniendo que ver con el maltrato animal -al que antaño alguien bajo el seudónimo de Librealbedrío, y a colación de otro tema relacionado con el deterioro de nuestros montes, hizo eco de esa situación en estas páginas.
Pues bien, dicho esto, me detengo y retomo esa reflexión de tu propia cosecha:
“A “ignorancia”, a falta de escrúpulos e o desdén absoluto pola palabra “principios”.”
Afinando todavía más “Principios”
En base a los últimos acontecimientos vividos no puedo evadir reflexionar sobre ese concepto y concluyo.
Largas páginas vertidas, ríos de tinta, un best-seller….
¿Qué crédito y valor le concedemos cuando se vulnera el principio de honradez, amistad, creencias….?
By: incondicional on 10/06/2011
at 07:32
Esperemos ir dando pasos, que esto suponga un avance…
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/06/19/temos-informes-as-pexas-causan-enorme-sufrimento-aos-cabalos/555706.html
By: incondicional on 19/06/2011
at 08:56