Publicado por: MontePituco | 27/05/2011

XORNADAS SOBRE MONTE VECIÑAL

O vindeiro 18 de xuño, no Pazo da Cultura de Pontevedra, celebrarase unha “Xornada Xurídica sobre o Monte Veciñal”, organizada pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

O programa é o seguinte:

10.00 h – Recepcion de participantes

10.30 h – Acto de apertura

11.00 h – Conferencia inaugural, titulada “O Monte Veciñal, titularidade singular”

11.30 h – Mesa redonda co lema “A Natureza Xurídica do Monte Veciñal en Man Común”

12.30 h – Debate-coloquio

17.00 h – Mesa redonda sobre “A plena capacidade de obrar das comunidades de montes”

18.00 h – Debate-coloquio

19.00 h – Lectura de conclusións – Peche da xornada

Por suposto, en toda a parroquia de San Xulián non hai un só cartaz con esta convocatoria. A Comunidade de Montes de San Xulián, que non pertence á Organización Galega de Comunidades de Montes nin á Mancomunidade do Morrazo, non é partícipe destas xornadas, porque a xente que a dirixe “todolosabe-todoloentiende”. DEFENDE O MONTE PITUCO enterouse desta actividade por FaceBook, a través da xenerosa e oportuna invitación da Aula de Silvicultura da Universidade de Vigo. (Grazas!).

E porque parecen unhas xornadas nas que se van abordar temas interesantes. E, porque salvo pola prensa, ninguén se vai dar por informado/a, por iso compartimos o programa. E animamos a asistir, para coñecer máis sobre a figura do monte veciñal, e para asimilar cales son os dereitos e obrigas dos comuneiros e comuneiras.


Responses

  1. Ola, moitas gracias pola amable referencia,

    Quería aproveitar para facerche unha pequena aclaración.

    Ainda non hai cartaces que eu saiba. Fai uns días tivemos a visita na Escola de Enxeñeiros Forestais de membros da Directiva da ORGACCMM que compartiron connosco o programa provisional e pediron que fóramos dandolle difusión entre a comunidade universitaria.

    Para nos, que os futuros Enxeñerios Forestais teñan o máximo coñecemento sobre as Comunidades de Montes é unha absoluta prioridade. Como dende fai un tempo usamos o Facebook da Escola e da Aula de Silvicultura como unha maneira moi eficaz de trasladar información e convocatoria probablemente adiantamosnos á difusión oficial da Xornada. Lamento se isto poido ocasionar algunha confusión.

    Esperando poder saudarvos persoalmente na Xornada o na Escola o día que queirades, recibide unha Aperta.

    • Non vos preocupedes que, aínda que houbera cartaces, aínda que a ORGACCMM tivera feito xa a rolda de prensa de rigor e a noticia saíra en todos os medios, en ningún tablón de anuncios da Comunidade de Montes se ían facer eco destas xornadas. Comentaba unha persoa no noso muro en Facebook que por desgraza hai comunidades nas que estas cuestións non se fomentan, acaso porque os directivos temen que os comuneiros e comuneiras coñezan os seus dereitos, e lles esixan unha xestión acorde ás normas establecidas. A Comunidade de Montes de San Xulián non pertence á Mancomunidade do Morrazo (malia ás invitacións que se lle formularon), e moito menos á Organización Galega. O seu estilo dista moito do que practican e promulgan estas entidades. Aquí levan dende decembro de 2009 sen convocar unha asemblea de comuneiros, coas contas “sen aprobar” dende esa data. Estanos custando “deus e axuda” que sinalicen uns petroglifos catalogados que hai no Alto do Pornedo. Conseguiuse que se suprimiran algúns verquidos incontrolados, e porque dende instancias superiores forzaron a adopción desa medida… Que se pode agardar dunha directiva partidaria de “vender” o monte, en plena fachada da ría, para que lle instalen un polígono industrial, nunha zona con pendentes de ata o 35%, onde só o 10% da superficie afectada é óptima para esa clase de urbanización. Que se pode agardar duns xestores que din que prefiren que lle leven o monte para un polígono antes de que a Brilat llo saque “pola cara” (a franxa de seguridade).
      …Este é o blog da resistencia e da denuncia fronte aos abusos, xa o podedes comprobar a pouco que naveguedes polos centos de artigos publicados dende hai máis dun ano. Apostamos por outra forma de xestión forestal, baseada na explotación sostible dos recursos e, sobre todo, traballamos a prol da defensa do monte fronte ás agresións que sofre.
      Agradecemos a visita, o comentario, e a aclaración. Pero insistimos, a (crúa) realidade é a que é. Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: